Site icon Crónica3.com A Mariña

A A.VV. Cervo e Sargadelos apoia o nomeamento de Díaz Pardo como Fillo Adoptivo do Concello de Cervo

Nota de prensa

Escrito de opoio da A. VV. Cervo e Sargadelos ó nomeamento de Isaac Díaz Pardo, como Fillo Adoptivo do Concello de Cervo

Unha vez que xa é de público coñecemento o nomeamento de D.
ISAAC DÍAZ PARDO como fillo adoptivo de Cervo, en nome da
entidade que represento e dos seus asociados e simpatizantes, por
medio de este escrito queremos sumar e manifestar o noso apoio a
esta proposta.
Durante moitos anos Isaac Díaz Pardo, veu a contribuír e
engrandecer con seu traballo a vida cultural de Galiza e deste
Concello.
De sobra e coñecida a súa labor cultural como artista,
ceramista, pintor, escritor, entre outras; sendo unha peza
fundamental e clave na recuperación da memoria artística e
cultural galegas, así como a súa proxección e promoción o
exterior.
Son moitas as veces e as facetas nas que Isaac o longo dos
anos colabora co seu esforzo coma veciño, para mante-lo
patrimonio e servicios, o mesmo tempo amplialos e melloralos.
Sempre implicado e nunca o marxe dos problemas veciñais.
En definitiva, creemos que a persoa e veciño D. Isaac Díaz
Pardo, co seu esforzo e entrega para co noso Concello, e a
cultura do noso país, é xa hora de que sexa nomeado con esta
distinción, posto que é máis que merecedor de este nomeamento.

Exit mobile version