Site icon Crónica3.com A Mariña

A consellería de Medio Ambiente organiza unha charla en Lourenzá sobe a Lei de Augas

Delegación de Medio Ambiente e Medio Rural

Nota de prensa:
Estará acompañado da deputada autonómica e concelleira de medio rural Emma Alvarez.

O PORTAVOZ DE MEDIO AMBIENTE DO GRUPO PARLAMENTARIO POPULAR, E PONENTE DA LEI DE AUGAS EXPLICARÁ O CONTIDO DA MESMA MAÑÁ MARTES AS 19 H NO SALÓN DE ACTOS DA CASA DA CULTURA DO CONCELLO DE LOURENZÁ

* Os parlamentarios con esta xuntanza queren deixar claro que os usos agrícolas gandeiros e forestais están exentos do canon da auga e que na práctica tampouco terán que aboar o canon os usuarios de captacións propias ou comunais, xa que a lei establece para elas unha bonificación do 90%, “polo que o seu cobro resulta antieconómico para a administración”.

* “Non se vai pagar máis”, senón que “o que se vai facer é unha tarificación diferente en función do consumo e, polo tanto, aqueles que son conscientes da importancia de aforrar auga sairán beneficiados”.

Santiago, 14 de febreiro de 2011.- A nova Lei de Augas “non crea novos tributos, senón que mellora os existentes” e o canon da auga “será o segundo máis barato de España”. Salientan que os usos agrícolas, gandeiros e forestais quedan exentos de pagar o canon da auga e que a nova lei non obriga a poñer contadores.

Decidimos facer estas xuntanzas a raíz das campañas “de intoxicación e falsidades” desenvolvidas por BNG e PSdeG contra esta nova norma. “Queremos tranquilizar aos veciños e clarexar todo o referente a esta nova taxa”, Na práctica tampouco terán que aboar o canon os usuarios de captacións propias ou comunais, xa que a lei establece para elas unha bonificación do 90%, “polo que o seu cobro resulta antieconómico para a administración”. Para quen se abasteza de pozos particulares “non compensará cobrarlles cantidades tan pequenas que non cubran os gastos de recadación e así o prevé a lei”, explicou Álvarez, para dar resposta ás “falsidades” difundidas polo BNG.

En canto ao PSdeG, a concelleira e deputada salienta que os argumentos que utiliza “son contraditorios coas emendas que presentaron á Lei cando entrou no Parlamento”. Así, lembrou que, na súa emenda 142, os socialistas pretendían introducir na lei un artigo que sancionaba aos que non tiveran contador, cando a lei aprobada “establece que a carencia de contador non será sancionable nos supostos de estimación obxectiva”, polo que a realidade “é xustamente o contrario do que o PSdeG declara”.

“Non se vai pagar máis”, senón que “o que se vai facer é unha tarificación diferente en función do consumo e, polo tanto, aqueles que son conscientes da importancia de aforrar auga sairán beneficiados”. Igualmente, a nova lei ven imposta pola transposición dunha Directiva europea, a Directiva Marco da Auga, de obrigado cumprimento para todos os países membros.

Exit mobile version