Site icon Crónica3.com A Mariña

A crise impide o pago das expropiacións da A-8 aos veciños de Celeiro de Mariñaos en Barreiros

Nota de prensa:
A CRISE É A QUE ESTÁ A MOTIVAR RETRASOS NO PAGO DAS EXPROPIACIÓNS AOS VECIÑOS DE CELEIRO DE MARIÑAOS E VILAMAR POLA CONSTRUCCIÓN DA A-8. ASÍ LLO COMENTARON AO ALCALDE DESDE O MINISTERIO DE FOMENTO ESTA MESMA MAÑÁ.

Barreiros, 1 de febreiro de 2011. A crise é a que está e motivar retrasos no pago das expropiacións aos veciños de Celeiro de Mariñaos e Vilamar pola construcción da A-8. Así llo manifestaron esta mañá ao alcalde, Alfonso Fuente, desde o Ministerio de Fomento, que asegura estar ao tanto desta situación.

O rexedor mantivo esta mañá un encontro cos veciños de Celeiro de Mariñaos nesa parroquia “e desde alí mesmo falamos con Fomento, están pendentes de facer as transferencias. Hai que esperar e manter o contacto con Fomento para saber cándo se pagarán. Falei cuns cantos veciños, pero non podo matizar a cantidade total que se lles adebeda, hai 15 ou 16 afectados entre Celeiro e Vilamar”. Fuente Parga explicou que “Fomento nos traslada que debido á crise estánse a producir retrasos nos pagos das expropiacións. Os veciños son razonables, a autovía está rematada e hai que poñela en servizo, pero tampouco debe olvidar Fomento que hai que pagar unhas fincas que se afectaron e que están postas ao servizo desa infraestructura. Eles só queren que se saiba que están aí, que se lles adebedan uns cartos e que cando poidan se lles paguen. Desde Fomento non nos deron datos, dixeron que están ao tanto de todo, que os expedentes están ben e que a medida que desde o ministerio lles transfiran os cartos á Demarcación de Estradas do Estado en Galicia os irán citando para ir pagando ditas expropiacións”.

O alcalde tamén estivo hoxe cos veciños de Vilamar, preocupados polo estado no que quedaron moitos camiños tras as obras de construcción da autovía. Alfonso Fuente contou que “visitamos os camiños afectados, aquí en Celeiro estánse a realizar as obras e non hai grandes problemas e en Vilamar cos responsables das dúas empresas, Comsa e Puentes, se viu o que había que facer, os veciños indicáronme nun plano o que había que repoñer e se lles entregou a esas firmas e non hai problemas”. O rexedor considera que “a veces nestas cousas o que hai que evitar é o alarmismo, as cousas vánse facendo, hai que falar e chegar a entendementos. Fomento quere que esto quede ben, Comsa quere que esto quede ben e a empresa Puentes quere que esto quede ben porque hoxe viñeron facer a autovía, pero mañá virán facer outras cousas e queren que todo estea ben e deixar a porta aberta. E eu como alcalde quero que todo estea ben, que non se produzan problemas e que se repoña a normalidade neses camiños. Nós tentamos calmar esta incertidume que podía existir”.

Exit mobile version