Site icon Crónica3.com A Mariña

A Deputación de Lugo substitúe á Xunta para reducir o paro na Mariña, asegura o PSOE

Nota de prensa

A Deputación de Lugo substitúe á Xunta para reducir o paro na Mariña

– O PSdG- PSOE da Mariña recoñece a xestión de iniciativas da Deputación de Lugo para reducir o paro na comarca, ante a ausencia total de políticas da Xunta, administración con competencias na materia

– Os socialistas da Comarca destacan que os Concellos da Mariña gobernados polo PP rexistraron un incremento do desemprego de entre un 20% e un 50% a finais de 2010

O PSdG-PSOE da Mariña destaca que Galicia liderou en 2010 a destrución do paro en España. Concretamente, a Mariña pechou esta anualidade con preto de 4.800 parados. Os Concellos gobernados polo PP foron os que rexistraron un maior aumento do paro o pasado ano, sendo Trabada, Xove, Barreiros e Lourenzá, nos que o desemprego aumentou entre o 20 e o 50%.

Os socialistas da Mariña lamentan que A Xunta de Galicia, que é a responsable das competencias de emprego na comunidade, discriminou á Comarca en todo o referente ó fomento e creación de traballo, xa que dos 16 municipios que a forman, a administración autonómica tan só concedeu obradoiros ós Concellos de Alfoz e O Valadouro.

Por outra banda, recoñecen a actuación da Deputación de Lugo, que para paliar esta ausencia total de políticas activas de emprego da Xunta, está a xestionar de forma áxil e eficaz o Plan Lugo Emprega, co que creará 172 postos de traballo na Mariña, e así, reducirá en boa medida o paro nesta Comarca, xa que inclúe a contratación de desempregados en todos os Concellos.

Ademais, o organismo provincial asume o 100% dos custes salariais e ata os de indemnización pola finalización do contrato. Os Concellos, pola súa banda, tan só terán que aportar a roupa para os operarios e o material e ferramentas necesarias para realizar cada traballo.

O PSOE da Mariña afirma que, en total, o organismo provincial contratará na Comarca a 172 desempregados, o que supón un investimento de preto de 2 millóns de euros, é dicir o 25% do Plan, que está dotado de 8 millóns e co que a Deputación dá traballo a 711 desempregados en toda a provincia.

Exit mobile version