Site icon Crónica3.com A Mariña

A peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a Xixón para ó partido Sporting – Barça

Nota de prensa

A Peña Barcelonista San Miguel organiza unha viaxe a Xixón para asistir ó partido de liga Sporting – Barça.
O evento terá lugar o sábado 12 de febreiro.
A saida está prevista dende San Miguel de Reinante ás 10.00 h., con parada en Ribadeo ás 10.15 h.
A volta está prevista para o remate do partido.
Os prezos por persoa son de 95,00 € para socios, en concepto de entrada, engadindo 10,00 € os non socios como gastos de autobús.
O prazo para apuntarse remata o día 5 de febreiro, e para iso deben chamar ó teléfono 649571360 (Jose).
Por outra banda, a peña estrenou a sua camiseta histórica. Para celebra-lo seu 13º cumpleanos, decidiran facer unha camiseta como a que usaban Paulino Alcántara ou o mítico Samitier, alá polos anos 40. Logo de varias xestións para atopar unha empresa que as fixese, nestes pasados días poideron lucir definitivamente esta fermosa camiseta.
Camiseta en algodón, manga longa, a franxas azuis e granates, con cordons na zona do pescozo e co escudo da peña bordado.
Se algún afeccionado está interesado en recibir unha camiseta pódese dirixir ó anterior teléfono.

Exit mobile version