Site icon Crónica3.com A Mariña

Anuncia o PP que o Parlamento aprobou arranxar as estradas de Alfoz

Nota de prensa:
A deputada popular Emma Álvarez Chao criticou a “deixadez” do Presidente da Deputación de Lugo que tan só ten que firmar o convenio que aprobou o pleno da institución provincial xa que a Xunta “xa bacheou as pistas e está en disposición de asfaltar as estradas no momento en que se digne a firmar”

O PARLAMENTO APROBA, A INSTANCIAS DO PPDEG, AXILIZAR AS OBRAS DE ARRANXO DOS VIAIS DE ALFOZ E INSTA AO PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DE LUGO A FIRMAR UN CONVENIO APROBADO FAI 67 DÍAS

* Na Proposición non de lei tamén se pide resolver as alegacións feitas por particulares e tomar como prioritaria a Concentración Parcelaria “Val de Alfoz” a fin de que os prazos legais sexan o mais curtos posibles e os propietarios afectados poidan desfrutar no menor tempo posible da nova distribución das 1667 Ha.

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2010.- O Parlamento, na sesión da Comisión de Agricultura celebrada onte, aprobou unha iniciativa do PPdeG encamiñada a axilizar as obras de arranxo dos viais de Alfoz e instou ao Presidente da Deputación de Lugo a firmar un convenio aprobado xa fai 67 pola institución provincial. A deputada popular Emma Álvarez Chao criticou a “deixadez” do Presidente da Deputación de Lugo que tan só ten que firmar o convenio que aprobou o pleno da institución provincial xa que a Xunta “xa bacheou as pistas e está en disposición de asfaltar as estradas no momento en que se digne a firmar”.

Así, na iniciativa popular, se solicita levar a cabo cantas medidas e acordos sexan necesarios para axilizar o arranxo destes viais da Deputación de Lugo que foron mellorados polo Servicio de Infraestructuras e Estructuras Agrarias da Consellería de Medio Rural dentro do Plan de Obras da Concentración Parcelaria Val de Alfoz.

O PPdeG critica que o Presidente da Deputación de Lugo leva mais de 2 meses para firmar o convenio e instou a voceira do PSdG-PSOE na Comisión, Sonia Verdes, a deixar a demagoxia “e encauce a súa urxencia en interceder perante o Presidente da Deputación para que firme o convenio dunha vez por todas”.

A iniciativa, defendida pola deputada do PPdeG Emma Álvarez Chao, plantexa a aprobación do expediente de cesión e incorporación de titularidade de tramos de vías entre a Deputación Provincial de Lugo e a Consellería de medio Rural e que se acometan as obras que se lle atribúen en relación a un acordo aprobado pola institución provincial, a fin de que estean iniciadas no primeiro trimestre do 2011.

O expediente, aprobado por unanimidade polo pleno da Deputación de Lugo do día 29 de novembro do 2010 , tivo o criterio de que por parte da institución provincial se cederán os terreos correspondentes a tramos de trazado antigo que resulten substituídos na súa funcionalidade por tramos de novo trazado en variante construídos pola Consellería de Medio Rural e que entregará ao ente provincial, así como os terreos situados nas franxas laterais contiguas á vía provincial no resto dos tramos que manteñen o trazado existente

Na iniciativa aprobada tamén se insta á Xunta de Galicia a tomar como prioritaria a concentración parcelaria Val de Alfoz, co fin de que os prazos legais sexan o máis curtos posibles para que os propietarios afectados poidan desfrutar no menor tempo posible da nova distribución das 1667 Ha que comprenden esta concentración parcelaria e solicita que os técnicos da Consellería de Medio Rural resolvan as alegacións feitas por particulares no primeiro trimestre do presente ano.

Exit mobile version