Site icon Crónica3.com A Mariña

Asegura a Deputación que as rutas do Km0 favorecen esta semana ó sector hostaleiro

Nota de prensa

As rutas do Km0 favorecen esta semana ó sector hostaleiro

– Os participantes no programa medioambiental da Deputación repoñerán forzas en establecementos de Ribadeo, Lugo, O Valadouro, A Fonsagrada e Cospeito.

– Alumnos do colexio Santo Medo Carballo de Taboada e o instituto ribadense Dionisio Gamallo Fierros fan hoxe un percorrido por Ribadeo e pola capital lucense

O sector hostaleiro de cinco concellos verase esta semana beneficiado polas rutas organizadas no marco do programa medioambiental Km0 da Deputación de Lugo, pois os 288 participantes na actividade -que na súa maioría son estudantes de  colexios e institutos- pararán en distintos establecementos para repoñer forzas. A iniciativa do organismo provincial axuda deste xeito a potenciar un sector importante no tecido económico da provincia como é o hostaleiro.

O Deputado da Rede Viaria Provincial, Juan José Díaz Valiño, recibiu ós dous grupos de participantes desta semana, quenes elexiron como destino das súas ruta o municipio de Ribadeo e a capital lucense. Neste senso, 48 alumnos do CPI Santo Medo de Carballo de Taboada, que tras ser recibidos na sede da Deputación, visitaron a Fundación TIC para desprazarse despois á vila mariñana, onde comeron no restaurante La Solaina e, seguidamente, deron un paseo en lancha polo porto deportivo de Porcillán e subiron no ascensor panorámico instalado nesta zona. A visita rematou cun percorrido polo casco histórico e o convento das Clarisas. En canto á segunda ruta, pola cidade de Lugo, elixiuna o instituto ribadense Dionisio Gamallo Fierros. Deste xeito, un grupo de 48 estudantes deste centro, iniciaron o percorrido cunha visita a Santa Eulalia de Bóveda e, tras comer en Los Robles, deron un paseo polo contorno do Río Miño e visitaron Avifauna, ademais da Catedral, a Muralla e As Termas.

Para mañá mércores están previstas outras dúas rutas por Foz, que farán 48 alumnos do IES A Pinguela de Monforte de Lemos, e por A Montaña, na que participarán 48 integrantes da Asociación de Mulleres Rurais “Olvido” de Pol. O primeiro grupo visitará o Castro de Viladonga e desprazarase despois a Ferreira do Valadouro para comer no hotel Vila do Val. Tras facer parte dunha ruta de sendeirismo ata Pozo da Onza, visitarán as praias de Polas e Xuncos, o porto de Nois e o Castro de Fazouro. No caso do colectivo de mulleres de Pol, o percorrido consiste nunha visita ó Centro de Interpretación Terras do Miño, comida no restaurante O Cantábrico da Fonsagrada e paseo pola área recreativa de Negueira de Muñiz. Achegaranse tamén ó embalse de Grandas de Salime e ó Museo Etnográfico fonsagradino.

O xoves, 48 estudantes do instituto A Piringalla de Lugo e outros 48 do CEIP Laverde Ruiz de Outeiro de Rei farán as rutas “As Lagoas de Cospeito” e “As Catedrais”, respectivamente. Os mozos lucenses visitarán o Centro de Interpretación do Rato, comerán na Casa Grande de Anllo de Cospeito e pola tarde visitarán o Pazo de Sistallo, a Lagoa de Cospeito, a Torre de Caldaloba e o Museo Arqueolóxico da Terra Chá. Pola súa banda, os alumnos do colexio de Outeiro de Rei coñecerán a Lagoa de Caque, pasearán polas praias ribadenses de As Catedrais e os Castros e achegaranse á cetárea de Rinlo e ó aeródromo de Vilaframil. A comida terá lugar no restaurante Marinero.

Exit mobile version