Site icon Crónica3.com A Mariña

CCOO-Ensino tacha de inaceptable a permuta entre coidadoras dos centros de Lourenzá e Mondoñedo

Nota de prensa

CCOO-ENSINO TACHA DE “INACEPTABLE” A PERMUTA ENTRE
COIDADORAS DO COLEXIO DE LOURENZÁ E O INSTITUTO DE
MONDOÑEDO
O adecuado desenvolvemento do alumnado, a decisión das traballadoras, a opinión
dos centros e o pronunciamento do Comité de Empresa deben ser aspectos a ter en
conta pola Administración educativa antes de tomar unha decisión de tan gran
calibre Viveiro, a 26 de febreiro de 2011.
CCOO-ENSINO denuncia, unha vez máis, o feito de que a Administración tome decisións
unilateralmente, dende que o pasado 16 de febreiro promoveu a permuta entre
coidadoras de alumando con necesidades educativas especiais que ata este día
prestaban servizos no IES S.Rosendo (Mondoñedo) e no CEIP Juan Rey (Lourenzá).
Consideramos que tanto a decisión como a estratexia utilizada foron “inadecuadas”
porque se tomaron á marxe da comunidade educativa e do Comité de Empresa, máximo
órgano de representación sindical do persoal laboral da Xunta, colectivo ao que pertencen
ámbalas dúas traballadoras, entendemos, según figura no Convenio regulador das súas
condicións laborais, que calquera modificación das condicións laborais dos traballadores,
neste caso chegamos ata unha modificación de posto, ha someterse á decisión do
respectivo Comité.
Entendemos que esta decisión cause conmoción no Instituto ao que non se tivo en conta
para nada e non menos efecto causou entre os representantes do Comité. O vindeiro
mércores será cando se trate este tema entre os representantes sindicais deste colectivo.
Decoñecemos cales foron as razóns que motivaron á Delegación Provincial de Educación
a tomar esta decisión ao noso ver, “apresurada” a estas alturas do curso e cando se pon
en perigo o adecuado e equilibrado desenvolvemento do alumando ao que hai que
respectar a promover os medios adecuados que faciliten o seu máximo aproveitamento
didáctico.
Dende CCOO-ENSINO instamos á Administración a que reconsidere a súa decisión e
opte por tomar as medidas axeitadas que non perxudiquen o desenvolvemento do traballo
en ningún centro educativo nin que senten precedente para posibles actuacións noutros
centros de ensino da comarca mariñana.

Exit mobile version