Site icon Crónica3.com A Mariña

Chapuzas

Nestes días levo lido nos xornais algunhas chapuzas, cousa nada rara neste país que nos tocou vivir. En Chancelas-Poio, caeu o teito dunha aula de infantil. Non había nenos nese intre, e polo tanto non houbo desgracias persoais. Sorte. A directora levaba
4 anos denunciando a situación, e os técnicos de Educación non atenderan as súas xustas peticións.
Inagurou tamén nestes días o Sr. Blanco uns treitos da autovía A-8, en Lourenzá, e parece que coas presas non quedou moi ben nos accesos. Hai queixas dos usuarios.
Un paseo marítimo de Baiona, no que gastaran 450.000 euros, estase desfacendo, porque pasan os coches, e tamén os técnicos non contaban coniso? Podíamos seguir, pero por hoxe abonda. Soamente unha pregunta, quen é ou son resposabeis destas obras? Non se esixen contas a ninguén?.

Lourenzo

Exit mobile version