Site icon Crónica3.com A Mariña

Comeza en Arante o obradoiro de benestar, que organiza o Concello de Ribadeo

O xoves 3 de marzo dará comezo en Arante o obradoiro de benestar, que organiza o Concello dirixido aos maiores. Terá lugar de catro e media a seis da tarde na escola de Arante tamén os días 10 e 17 de marzo.A semana que ven tamén conclúen os obradoiros de memoria que se viñeron celebrando nos últimos días en Rinlo, Vilaframil e Piñeira. En Rinlo conclúe o luns, en Vilaframil o martes e en Piñeira o mércores.

Exit mobile version