Nota de prensa:
ANTONIO VEIGA PARTICIPOU EN MONDOÑEDO NA APERTURA DAS XORNADAS CUNQUEIRIANAS
Hoxe comezaron as actividades de conmemoración do 100 aniversario do nacemento do escritor mindoniense Álvaro Cunqueiro
A Área de Cultura da Deputación colabora coa organización destas Xornadas Cunqueirianas, que teñen unha vertente literaria, musical e gastronómica
A continuación, o xornalista Xulio Xiz ofreceu unha conferencia sobre os escritos nos que Álvaro Cunqueiro estudaba e analizaba a gastronomía galega, para continuar cunha audición de poemas de Cunqueiro que xente como Amancio Prada ou Luís Emilio Batallán musicaron. Ao remate, logo da presentación das Xornadas de Cociña Cunqueiriana, ofreceuse unha degustación de viño D.O. Ribeira Sacra acompañado de queixos das denominacións de San Simón da Costa, Arzúa-Ulloa, Cebreiro e Tetilla, ademais do Pan e Tarta de Mondoñedo.
A Área de Cultura da Deputación colabora coa organización destas Xornadas Cunqueirianas que comezaron hoxe e continuarán durante a fin de semana, con actos coma a homenaxe empresarial e musical a “Suso do Bahía”, cronista oficial de Foz. Dentro da xornada empresarial, haberá unha mesa debate para a análise do presente e futuro empresarial na Mariña, moderada por Francisco Cal Pardo e na que participarán directivos das asociacións de comerciantes de Mondoñedo, Foz, Ribadeo e Xove, da CEL, o GDR e Aturmar. Pecharán a xornada as distincións a Suso Fernández, a cargo da Federación Galega de Comercio, o Concello de Mondoñedo e a comisión organizadora. Ademais haberá varias actuacións musicais e celebrarase unha comida.