Site icon Crónica3.com A Mariña

Dous nenos de Burela resultaron premiados no certame de poesía de Nadal da biblioteca provincial

Nota de prensa:
A BIBLIOTECA PROVINCIAL ENTREGARÁ O DÍA 7 OS PREMIOS AOS ESCOLARES QUE RESULTARON GAÑADORES DA FINAL DO CERTAME DE POESÍA NADAL 2010

* A delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, participará no acto, no que tamén se presentará o libro cos traballos seleccionados na edición do pasado ano

Lugo, 2 de febreiro de 2011.- A Biblioteca Provincial entregará o vindeiro luns, día 7, os premios aos nenos e nenas que resultaron gañadores da fase final do Certame de poesía infantil Nadal 2010, ao tempo que presentará o libro editado cos poemas seleccionados na edición do pasado ano.

O acto estará presidido pola delegada territorial da Xunta, Raquel Arias, e reunirá aos 16 escolares de toda a provincia que gañaron o certame, ao que concorreron os traballos seleccionados nas respectivas fases locais convocadas por 25 bibliotecas públicas municipais desta provincia e pola mesma Biblioteca Provincial.

A relación de premiados, nas distintas categorías, queda como segue:

Categoría A (Ata 8 anos):

– Jorge Estraviz Cerdeira, de 7 anos. Biblioteca Provincial de Lugo

– Antía Lillo Irimia, de 7 anos. Biblioteca municipal de Lourenzá

– Yago Montero Gradaille, de 8 anos. Biblioteca de Burela

Accésits:
– Alicia Soto Pallares, de 5 anos. Biblioteca de Monforte de Lemos

– Ana Rey Leal, de 8 anos. Biblioteca municipal de Vilalba

Categoría B (9 a 11 anos)

– Irene Rico Gómez, de 11 anos. Biblioteca de Burela

– María Rodríguez Villar, de 10 anos. Biblioteca Provincial

– Anxela Jorge Vidal, de 11 anos. Biblioteca de Monforte

Accésits:
– Denís Blanco Carbón, de 11 anos. Biblioteca Provincial

– Angel Alvarez Rey, de 10 anos. Biblioteca de Vilalba

Categoría C (12 a 16 anos)

– María Elena López González, de 15 anos. Biblioteca de Sarria

– Brenda González Fernández, de 16 anos. Biblioteca Provincial

– Fátima Reino Reigosa, de 13 anos. Biblioteca de Lourenzá

Accésits:
– Marta Arias Fernández, de 14 anos. Biblioteca Provincial

– Pablo Díaz Pradeda, de 12 anos. Biblioteca de Sarria

– Codes Lillo Irimia, de 13 anos. Biblioteca de Lourenzá

O xurado da fase final estivo presidido por José Carlos Rodríguez Andina, xefe territorial de Cultura e Turismo, actuando como vogais Marisol González Regal, directora da Biblioteca Provincial, e Jaime Santoalla Varela, inspector de Educación, e como secretario Xulio Xiz Ramil, da Consellería de Cultura e Turismo.

O acto de entrega de premios dará comezo ás 18.00 horas no salón de actos da Biblioteca Provincial.

Exit mobile version