Site icon Crónica3.com A Mariña

Educación anuncia unha permuta entre dúas coidadoras de centros da Mariña polo benestar dos alumnos

Nota de prensa

EDUCACIÓN ACLARA QUE A PERMUTA DE DÚAS COIDADORAS ENTRE CENTROS PRÓXIMOS DA MARIÑA RESPONDE EXCLUSIVAMENTE A INFORMES BASEADOS NO BENESTAR DOS ALUMNOS ATENDIDOS

Lembra que deben conxugarse os dereitos laborais deste persoal coas necesidades dos nenos e nenas afectados e que o traballo destes profesionais é itinerante

Lugo, 21 de febreiro de 2011.- A xefatura territorial de Educación e Ordenación Universitaria acordou a permuta entre dúas coidadoras de centros da Mariña que pertencen á mesma zona educativa atendendo, exclusivamente, ao interese dos alumnos afectados.

O departamento lembra que o traballo deste tipo de persoal é itinerante, dependendo do número e das circunstancias dos nenos e nenas con necesidades educativas especiais matriculados nos centros de ensino. Ademais, explica que en ningún caso se adoptou a medida por propia iniciativa, senón que viu dada logo de analizar as peticións das familias dos nenos implicados.

O CEIP Xoán Rei é o centro adscrito ao instituto San Rosendo para cursar estudos de secundaria. Isto é, ambos forman parte da mesma zona educativa. Como cuestión determinante, tívose en conta ademais que a coidadora que se vai encargar da atención do alumno do IES San Rosendo é a mesma que o atendeu durante sete cursos mentres este estivo matriculado no Xoán Rei de Lourenzá, sen que se rexistrara queixa nin problema algún por ningunha das partes.

Por último, convén aclarar que non se poñen en dúbida as competencias profesionais nin os dereitos laborais das traballadoras implicadas.

Exit mobile version