Site icon Crónica3.com A Mariña

En Alfoz non teñen previsto nos orzamentos o pagamento de certos servizos como o punto limpo, asegura o BNG

Nota de prensa

“DENDE O PP DE ALFOZ MINTEN SOBRE OS IMPAGOS DO PUNTO LIMPO”

Dende o Bng de Alfoz denunciamos que “os veciños de Alfoz corren o risco de perder o servizo do punto limpo pola mala xestión do Emilio Lousas”.
Están a mentir cando dicen que non pagaron  porque son facturas por servizos extraordinarios ou non contemplados no contrato de adxudicación do punto limpo e que en ningún momento lle foron notificadas.
Nas cláusulas do convenio de colaboración entre os concellos de Alfoz e O Valadouro para a xestión do punto limpo, convenio que ten firmado o concello de Alfoz, contémplase o canon anual fixo que se aboará dividido en facturas mensuais por ambos concellos, o canon de xestión e tratamento que será aboado ó 50% entre os dous concellos en función do uso que se lle dea, e tamén se contemplan os gastos eventuais de conservación e mantemento que igualmente serán aboados o 50% entre ambos concellos.Este é o conevenio que desde Alfoz se firmou.Polo tanto minte cando dice que os mencionados gastos que están sen pagar no están contemplados no contrato, e tamén minte cando dí que non foron notificados, xa que dende o concello do Valadouro notificáronse por primeira vez o 23 de xullo de 2010,”parece que os dirixentes do concello de Alfoz non se acordan nin do que firman e ainda por riba teñen a desfachated de decir que é mentira” como relata na contestación por escrito para o concello do Valadouro e asinada por Emilio Lousas, na que se comete a cinismo de decir que son facturas de gastos que non están no convenio e igualmente dí que teñen vontade de pagalas.
Así de claro indica os gastos e o seu reparto o convenio firmados polos dous concellos.
Así nos mostra o alcalde é o equipo de goberno a súa total falta de xestión do concello de Alfoz, xa que non teñen nin previsto nos orzamentos o pagamento de certos servizos como o punto limpo do que disfrutan os veciños de Alfoz, “non hai que ser mui listos para saber que si o concello ten contratado un servizo que terá que pagalo”, e polo tanto debe haber consignación orzamentaria prevista, ainda así tampouco é excusa xa que para o que lles interesa realizan modificacións orzamentarias.

Exit mobile version