Site icon Crónica3.com A Mariña

Entidades da Mariña presentan a “Análise do presente e futuro empresarial na comarca” e homenaxean a Suso Fernández

Nota de prensa

XORNADA EMPRESARIAL E MUSICAL EN MONDOÑEDO
Homenaxe a Jesús Fernández López “Suso do Bahía”

Os representantes dos empresarios da Mariña integrados nas ACIA de Foz, Mondoñedo, Lourenzá, Burela, Ribadeo, Xove , San Cibrao(Cervo), , Praia de Covas, A Pontenova , da CEL(Confederación de Empresarios Lucenses), do GDR (Grupo de Desenvolvemento Rural), da Asociación Comercial Casco Histórico de Viveiro e ATURMAR (Asoc. Turismo Rural a Mariña) ,despois de varias xuntanzas de traballo neste pasado mes de xaneiro, concluiron os traballos preparatorios das ponencias que se debatirán o vindeiro sábado, día 12 de febreiro ás 11 da mañá no Auditorio Pascual Veiga de Mondoñedo,onde se fará unha “Análise do presente e futuro empresarial na Comarca da Mariña, moderado por Francisco Cal Pardo, presidente de AEGAMA (Asociación de Empresarios Galegos en Madrid)
Este evento está enmarcado dentro do programa de actos organizado por distintas asociacións mindonienses , coa colaboración do Concello, da Federación Galega do Comercio, da Diputación Provincial e da Xunta de Galicia , nos que se realizará unha homenaxe a Jesús Fernández López , “Suso do Bahía” , pola súa laboura en defensa da unión do comercio e das empresas da Mariña a través da xa desaparecida FEMLU (Federación de Empresarios da Mariña Lucense) e polo apoio á difusión e promoción da música mindoniense e da cultura e atractivos turísticos da Mariña, en xeral.
Amenizarán a xornada a Asociación Musical “Pena do Golpe”, o “Orfeón Sociedade de Obreiros de Mondoñedo” , a Escola Municipal “O Pallarego”, a Coral “Mestre Pacheco” e a Banda de Mondoñedo.
A entrada será libre e para asisitir ó xantar homenaxe aínda se poden reservar tarxetas na Oficina de Turismo de Mondoñedo. Teléfono 982507177.

Exit mobile version