Site icon Crónica3.com A Mariña

Expertos en turismo de Finlandia e Inglaterra analizarán a situación deste sector na Deputación

Nota de prensa:
Expertos en turismo de Finlandia e Inglaterra analizarán a situación deste sector na Deputación

– O Salón de Actos acollerá o congreso de turismo “Destino Lugo”, no que se disertará sobre as distintas alternativas de coordinación para a promoción da provincia dende este eido

– O encontro, o 1º destas características que se realiza na provincia, contra con máis de 130 persoas inscritas do sector turístico público e privado, ademais de representantes do sector da hostalería e fundacións comarcais, entre outros

– O debate será retransmitido en directo a través da páxina web da Deputación: www.lugoterra.com

A Deputación acollerá dende mañá ata o xoves o 1º Congreso de Turismo “Destino Lugo”, que se celebra na provincia e no que participarán prestixiosos representantes deste sector a nivel europeo que analizarán a situación pola que atravesa o turismo lugués. O encontro está pensado para coñecer as distintas experiencias de países tan punteiro en promoción turística como Inglaterra ou Finlandia, e para crear un espazo de debate no que profesionais e administracións implicadas no sector no analicen distintas alternativas de coordinación para a promoción da provincia como destino turístico.

O Congreso dará comezo coa presentación do Plan Director de Turismo 2008-2011 da Deputación e coas ponencias dos directores de Desenvolvemento Turístico de Gran Bretaña, James Turner, e do Director da empresa encargada da organización de vendas do suroeste de Finlandia, Anne Marget Niemi de Turku. A segunda parte consistirá nun debate no que participarán a Vicepresidenta Terceira, María Xosé Vega Buján; os Presidentes do Padroado Provincial de Turismo e da Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería de Lugo, Julio Álvarez e José María Real, respectivamente; a Presidenta da Asociación de Turismo Rural de Lugo Sur, Carmen Martínez; e o seu homólogo na Mariña, Manuel Vicente. O debate será retransmitido en directo a través da páxina web de turismo da Deputación: www.lugoterra.com.

O encontro rematará o día 10 coa participación dos representantes deste sector de varias cidades españolas con ampla experiencia no tema como: Valladolid, Segovia, Palma de Mallorca e Barcelona.

Nestes momentos, a organización conta con máis de 130 persoas inscritas do sector turístico público e privado de Lugo, ademais de Alcaldes e Concelleiros, representantes do sector da hostalería, casas de turismo rural, oficinas de turismo, restauración, fundacións comarcais ou empresas especializadas nesta materia. O Congreso tamén contará co servizo de tradución simultánea.

Exit mobile version