Site icon Crónica3.com A Mariña

Gran xornada para o Celtas e o C . B. Xove con vitorias ante equipos de Santiago

Xove/Foz (M.F.O.) .- O fin de semana deparou unha boa xornada no baloncesto mariñán. O Celtas-Primera Calidad logrou gañar en Santiago tras levar nove derrotas consecutivas, e o C. B. Xove tamén o logrou como visitante ante o Peleteiro Santiagués.
O Celtas conseguiu romper a mala racha tras un partido moi igualado que se decidiu nos minutos finais (61-65). O adestrador Carlos Novo puido contar con todos os seus xogadores para este partido tras a recuperación de varios lesionados. O primeiro cuarto do encontro foi no único que se viron superados os focenses (14-9), debido as numerosas perdidas de balón. O resto do partido o Celtas foi sempre por diante no marcador gracias a defensa zonal. Nos últimos minutos os locais tiveron gran acerto dende a liña de tres puntos e recortaron distancias pero a vitoria seria finalmente visitante. Polo Celtas-Primera Calidad xogaron: Diego (8), Javi (4), Pablo (4), Piñón (15), Eduardo (10) – Humberto (17), Miguel (6), Manuel (1), Angel, Sebas, Fran e Adrián.
O C. B. Xove logrou unha boa vitoria fora da casa ao superar ao Peleteiro por 67 puntos a 59. Os primeiros minutos parecían deparar algo moi distinto pois os mariñáns encaixaron un parcial de 20 a 5. Pero a reacción non se fixo esperar e dende a defensa foise forxando a vitoria logrando un parcial no último cuarto de 9 a 25. A nota salientable do encontro foi o debut como xogador de Pablo Castro, entrenador do equipo. Polo C. B. Xove xogaron: Javi, Adrián (28), Juan María (7), Cristian (2), Víctor (9) – Fernando (8), Pablo Santiago (6), Alberto (5), Álvaro e Pablo Castro (2).

Exit mobile version