Site icon Crónica3.com A Mariña

Integrantes da S.D. Burela e do C.D. Burela FS participaron no Maratón de Lectura de Burela

Nota de prensa 1/2

A S.D. BURELA PARTICIPOU NO MARATÓN DE LECTURA DE BURELA

Diversos integrantes da S.D. Burela colaboraron activamente no Maratón de Lectura que tivo lugar na nosa vila na histórica xornada do día 22 de febreiro de 2011. Estas persoas comprometidas co deporte de base contribuíron a que en Burela se realizase unha singular actividade de animación á lectura que durou máis de doce horas.

Convocada pola Delegación de Cultura do Concello de Burela, salón de plenos do Concello de Burela, ás tres da tarde chegou ao Salón de Plenos unha representación da S. D. Burela, baixo a coordinación de Celso Trobo Castro, quen se encargou de seleccionar a obra de lectura e de contactar con todos e cada un dos lectores.

En primeiro lugar, tomou a palabra Suso Pena, entrenador do primeiro equipo; e seguidamente continuaron coa lectura Raúl Rego –histórico integrante das xuntas directivas desta sociedade deportiva- e diversos xogadores (Hélder, Dani e Xosé) das categorías de base. O tamén entrenador Luís Pardo cerrou cerca das catro da tarde a colaboración da S. D. Burela, unha colaboración que xa tiña comezado en horario matutino coa lectura de Bernardo Penabade, secretario da xunta directiva.

A obra de lectura

Tanto os directivos como os entrenadores e os xogadores da S. D. Burela leron continuadamente unha obra de ficción moi directamente relacionada coa práctica deportiva. Trátase da novela O Gol Imposible, do enxeñeiro de telecomunicacións coruñés Enrique Sánchez (A Coruña, 1955).

Nota de prensa 2/2

O CLUB LARANXA PARTICIPA NO EXITOSO MARATÓN DE LECTURA DE BURELA

O club laranxa estivo presente no exitoso maratón de lectura de Burela, coa participación de Ro, Irene, Juanma e Edu, nunha iniciativa do club de lectura promovido dende a Concellería de Cultura.

As xogadoras do Burela FSF Pescados Rubén decidíronse polos relatos de Xente de aquí e de acolá, do mindoniense Álvaro Cunqueiro, o autor máis lido durante a cita no centenario do seu nacemento. Os membros do conxunto masculino, pola súa banda, escolleron unha antoloxía de Xosé Manuel González Reboredo, Lendas galegas de tradición oral.

Durante doce horas de lectura ininterrompida, pasaron polo salón de plenos consistorial nesta novidosa proposta alumnado e profesorado de centros de ensino, representantes de asociacións e colectivos, así como xente anónima, nunha cifra que roldou as 300 persoas.

Exit mobile version