Site icon Crónica3.com A Mariña

Moita participación no acto de presentación da formación política Unifoz

Nota de prensa:

As preto de 400 persoas que se deron cita neste acto é como un forte vento de popa que nos empuxa a seguir o rumbo marcado hacia ese porto , con data prevista de chegada para o 22 de Maio.

UNIFOZ, deixou claro que ten discurso propio, que ten ilusión, experiencia, ganas de traballar, e sobre todo que aposta por unha forma de gobernar distinta, poñendo sentido común , imaxinación e coherencia.

UNIFOZ, é un EQUIPO para un PROXECTO ” FOZ”

En nome de todos os compañeiros/as de UNIFOZ, o noso agradecemento a todas as persoas que nos apoiaron neste acto, así como a todas as que o fixeron por diferentes medios (SMS., correo,teléfono) mostrándonos o seu apoio e cariño.

UNIFOZ, pon a disposición dos veciños a súa sede social na rúa Alvaro Cunqueiro nº 15 , así como a súa páxina web, para recoller aquelas inquetudes e preocupacións que nos queiran facer chegar.

O barco UNIFOZ, facerá escala na parroquia de Cangas para o vindeiro Venres día 18 ás 21 h., no Centro social dos Castros, nun acto público ó que invitamos a todos os veciños que queiran asistir.

Exit mobile version