Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Ribadeo espera que as obras da rotonda do xardín iniciadas hoxe estean rematadas nun mes

Nota de prensa

COMEZARON AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA ROTONDA DO XARDÍN. FERNANDO SUÁREZ AGARDA QUE AS OBRAS ESTEAN LISTAS NUN MES E PIDE DISCULPAS POLAS MOLESTIAS QUE SE POIDAN OCASIONAR.

Ribadeo, 1 de febreiro de 2011. Comezaron as obras de construcción da rotonda do Xardín. O alcalde, Fernando Suárez, agarda que as obras estean listas no prazo dun mes e pide disculpas polas molestias que se poidan ocasionar.

O rexedor sinalou que “neste 2011 continuamos coa mesma intensidade coa que o fixemos o ano pasado de cara a seguir remozando esta vila de Ribadeo. Hai moi poucos días entraba en servizo a rúa Reinante, o treito diante do centro de saúde, que se fixo nun tempo récord, traballando incluso os sábados e o resultado final fala por sí mesmo. Todo o mundo que por alí pasa así o ve”.

Suárez Barcia anunciou que “tamén nestes días están dando inicio as obras de construcción da rotonda do Xardín. De feito xa no día de onte talaron unha serie de árbores, que pola estructura, pola dimensión e pola situación da nova rotonda eran incompatibles ademáis que ofrecerían un perigo no caso de que algúns deles quedaran no lugar no que están. Agora nestas obras, que durarán aproximadamente un mes, o que están a facer é vaciar todas as zonas de isletas existentes e construir a rotonda de xeito provisional para que permita seguir traballando á empresa adxudicataria, facendo os bordillos e traballando dentro da rotonda… e ao mesmo tempo permitirá ao tráfico circular cun sistema de rotonda dentro de poucos días aínda que a capa de rodadura final non se dará ata o remate final desta obra no Xardín”.

O alcalde ribadense pide disculpas “porque seguro que algunha molestia se vai ocasionar, seguro que algunha restricción de tráfico en momentos puntuais se vai producir, pero é inevitable pola complexidade da obra. Estou convencido de que esta rotonda suporá un progreso importante para unha zona moi conflictiva, onde hai cedas ao paso, stops, onde moitas veces se rexistran accidentes por ser bastante liosa a súa configuración. Esta nova rotonda eliminará moitos perigos e dinamizará moito máis o tráfico nunha arteria principal de Ribadeo no Xardín onde conflúen a rúa San Roque, a Avenida de Galicia, a Avenida de América, a vía Transversal e a rúa Alfredo Deaño”.

Exit mobile version