Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS abrirá a fase final da XX Copa Galicia

Nota de prensa

Horarios da XX Copa Galicia (Lalín, 7-8 marzo)

O Burela FS abrirá a fase final da XX Copa Galicia o vindeiro 7 de marzo na capital do Entroido galego. O cadro de Suso Rey medirase ao Azkar Lugo, da División de Honra, na primeira semifinal, que terá lugar ás 19.00 horas, no Lalín Arena.

A segunda semifinal enfrontará o Xacobeo 2010 Lobelle de Santiago, de Honra, e o Mera FS, de Primeira A. O título decidirase o martes 8 a partir das 18.30 horas.

Luns 7 de marzo-SEMIFINAIS

19.00 horas: Azkar Lugo-Burela FS

21.00 horas: Xacobeo Lobelle-Mera FS

Martes 8 de marzo-FINAL

18.30 horas: Gañador 1ª Semifinal-Gañador 2ª Semifinal

Exit mobile version