Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FS visita o CEIP de Cervo a través de “Coñece o meu club”

O BURELA FS VISITA O CEIP DE CERVO A TRAVÉS DE ‘COÑECE O MEU CLUB’

O CD Burela FS entrou onte nas aulas do CEIP de Cervo a través de “Coñece o meu Club”, actividade integrada no programa Xogade da Secretaría Xeral para o Deporte destinada á promoción da práctica deportiva nos centros educativos e a facilitarlles aos escolares o coñecemento dos recursos dispoñibles no seu contorno. Deste xeito, a entidade laranxa dá continuidade a un labor de promoción da base co que xa leva traballando varias tempadas.

O adestrador de porteiros, Marcelo Santoro ‘Neco’, a porteira Jozi, o xogador Víctor Cachón e a xogadora Milena descubríronlles aos alumnos de quinto e sexto de Primaria moitos dos encantos do fútbol sala. A visita reuniu 22 rapaces e rapazas, que participaron entusiasmados nunha sesión teórico-práctica na que tiveron a oportunidade de achegarse a fundamentos básicos de control, pase e finalización de balón, ademais dalgunhas nocións no caneo.

O club convidará o alumnado cervense, xunto a seus pais, ao encontro do Burela FS-Space Gasifred Ciutat d’Eivissa, en Vista Alegre; será o sábado 12 de marzo (18.30 horas).

Próximas visitas. O fútbol sala está espertando un grande interese nos centros educativos da Mariña. O vindeiro luns representantes laranxas visitarán o CEIP Número 1 de Foz, o xoves 3 marzo compartirán a xornada co alumnado do CEIP Nois e o venres 4 volverán a Cervo.

Exit mobile version