Site icon Crónica3.com A Mariña

O Burela FSF Pescados Rubén fixo un xogo eficaz, con control e ritmo, ante o Natudelia.com Zaragoza (3-5)

Nota de prensa

AS LARANXAS RETOMAN O OBXECTIVO DA IMBATIBILIDADE ANTE O NATUDELIA (3-5)
Concentración e serenidade devolvéronlle ao Burela FSF Pescados Rubén un xogo eficaz, con control de balón e ritmo, ante o Natudelia.com Zaragoza (3-5). Os tres puntos permítenlles ás mariñás tomar distancia co Valladolid FSF, que perdeu na casa do Soto del Real (2-1), ademais de retomar a liña de imbatibilidade.

As pupilas de Javier Pardeiro concretaron unha primeira parte que rozou a perfección; souberon medir o seu dominio, a pesar da desafortunada finalización dos primeiros minutos, e conseguiron evitar o contragolpe como a grande arma das locais, sen apenas perigo para Jozi. No minuto 14, Vanessa abriu o marcador, cun zurdazo que bateu nunha rival e descolocou a porteira, e, sen deixar tempo de reacción, Lucía volveu perforar a meta maña pola escuadra.

O 0-2 do primeiro período axiña se multiplicou co reinicio. No primeiro minuto Lidia apareceu por partida dobre, nun contraataque para materializar nun lanzamento raso e, segundos máis tarde, subiu o 0-4 con autoridade, tras un roubo de balón. Claudia ampliou a vantaxe no seguinte minuto. Con esta clara distancia, a relaxación aflorou levemente nas filas laranxas e foi cando as zaragozanas aproveitaron para anotar o seu primeiro tanto (minuto 24), nunha acción na que se negaron a devolverlle o balón ao Burela FSF despois de sacalo de pista as mariñás por ter unha xogadora no chan. O 2-5 chegou nun contragolpe (26), porén o cadro de Pardeiro plantouse e volveu asumir o dominio; aínda que o Natudelia puido marcar o 3-5 (34), as laranxas reconduciron a situación para presionar e asegurar o electrónico.

Ficha Zaragoza-Burela FSF

Partido perteneciente a la 19ª jornada de la temporada 2010/2011.
Zaragoza
8 Victorias | 2 Empates | 9 Derrotas
Puntos acumulados: 26 3
CD Burela FSF
10 Victorias | 5 Empates | 4 Derrotas
Puntos acumulados: 35 5
Cancha de juego: Polideportivo Municipal La Granja
Fecha: Sábado, 19 de Febrero de 2011
Hora de inicio: 18.30 horas
Zaragoza
7
Bárbara Latorre
Bárbara
8
Cristina Ocón
Tina
14
Eva Ortega
Eva Ortega
23
Rocío Gracia Méndez
Rocío
24
Diana Millán
Diana
1
Ana Belén Peligero Torres
Ana Belén
2
Edurne García
Edurne
9
Lioba Bazán
Lioba
10
Sara Navalón
Sareta
11
Paula Morote
Paula

CD Burela FSF
4
Lidia María Mesías Espiñeira
Lidia
10
Claudia Rodríguez Teijeiro
Claudia
11
Milena Gasparini Ribeiro
Milena
13
Joziane de Oliveira
Jozi
14
Dolores Sánchez García
Dolo
8
Silvia Estévez Alonso
Cuchi
15
Lucía Nespereira Gómez
Lucía
77
Vanessa Cristina Pereira
Vanessa
Gol 0 – 1 Min. 14 | Vanessa

Gol 0 – 2 Min. 14 | Lucía

Tarjeta amarilla Min. 14 | Eva Ortega

Gol 0 – 3 Min. 21 | Lidia

Gol 0 – 4 Min. 21 | Lidia

Gol 0 – 5 Min. 22 | Claudia

Gol 1 – 5 Min. 24 | Paula

Gol 2 – 5 Min. 26 | Rocío

Gol 3 – 5 Min. 34 | Bárbara

Tarjeta amarilla Min. 39 | Eva Ortega

Tarjeta roja Min. 39 | Eva Ortega
dobre amarela

Exit mobile version