Site icon Crónica3.com A Mariña

O C.B. Celtas e o C.B. Xove perderon xogando na casa


Nota de prensa

FOZ/XOVE (M.F.O.).- O C. B. Xove non puido seguir coa racha de vitorias como local e caeu derrotado co segundo clasificado, o C. B. Tui Seta, por 70 puntos a 79. O equipo queda na décimo terceira posición pero a so unha vitoria do noveno posto. Na seguinte xornada viaxará a Santiago para enfrontarse ao Peleteiro, sexto clasificado.
O C. B. Celtas fúndese mais na súa crise tras perder co último clasificado en Marzán por dous puntos de diferencia (51-53). As baixas dos mariñáns foron un factor clave nesta derrota. Para a seguinte xornada enfrontaranse ao Cluny que leva unha vitoria mais, este encontro decidira as opcións do Celtas de non quedar na zoa baixa da taboa.

Exit mobile version