Site icon Crónica3.com A Mariña

A concellería de Cultura de Burela oferta exposicións, música e teatro para os vindeiros meses

Nota de prensa

EXPOSICIÓNS, MÚSICA, TEATRO INFANTIL E PARA ADULTOS SON AS PROPOSTAS CULTURAIS DO CONCELLO PARA OS VINDEIROS MESES. A PROGRAMACIÓN DE PRIMAVERA ARRINCA O VINDEIRO SÁBADO 5 DE FEBREIRO.

Burela, 3 de febreiro de 2011. Exposicións, música, teatro infantil e para adultos son as propostas do Concello de Burela para os vindeiros meses, segundo anunciaba esta mañá a concelleira de Cultura, Neves Cando.

A edil nacionalista contou que “este sábado ás seis da tarde no auditorio da Casa da Cultura comeza a programación cultural de Burela para esta primavera para este 2011. E comezamos cunha proposta novidosa que mistura o espectáculo teatral co concerto musical e que vai dirixido aos máis pequenos e pequenas da casa sen excluir tampouco ao público adulto. Trátase do espectáculo A nena e o grilo de Magín Blanco, que mistura música e a narración dunha historia sobre a amizade”. Cando engadiu que “con esta primeira proposta continuamos co teatro infantil, o sábado 12 de febreiro a compañía Babaluva reprensentará a obra Lume; o 12 de marzo será o momento de A Xanela do Marín coa obra A pequena Lúa; o sábado 16 de abril os nenos poderán disfrutar de Area e auga de Teatro do Andamio e rematamos o 14 de maio con Artestudio Teatro e os seus Contos no ar”.

Burela acollerá  diversas representacións de teatro para adultos. Segundo explicou Neves Cando “comezamos o 25 de febreiro coa actuación de Mofa e Befa e o seu espectáculo Un cranio furado; o 25 de marzo tócalle o turno ao teatro de Chévere e a súa obra Citizen; en abril o 29 contaremos de novo coa presenza en Burela de Carlos Blanco e a súa obra Orden e progreso e rematamos o 20 de maio con Talía Teatro e Volpone”.

Na programación cultural de Burela para a primavera de 2011 tamén ocupa un lugar moi importante a música, “a música de Burela, a música da nosa xente. O 4 de marzo temos o concerto a cargo da Marosa Jazz Project, o 18 de marzo a banda de gaitas Dambara de Burela, o 1 de abril concerto da Burela Blues Band, o 8 de abril haberá concerto de marchas procesionais a cargo da Banda de Cornetas e Tambores Santo Inocencio de Teixeira de Burela, o 13 de maio teremos o concerto da Banda Municipal de Música e o 21 de maio concerto das Letras Galegas coa Coral Polifónica de Burela. E remataremos o apartado musical co concerto de fin de curso da Escola Municipal de Música, previsto para o 27 de xuño”.

Burela acollerá  tamén tres exposicións nestes meses na sala de arte. Do 17 de febreiro ao 25 de marzo Galicia en foto, o fotoxornalismo galego; do 15 de abril ao 20 de maio a XVI edición do certame de arte Galería Burela e durante o mes de xuño a exposición fotográfica Elas fan camiño da Xunta.

Exit mobile version