Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de concelleiros non adscritos aporta unha moción interesándose polo matadoiro municipal

O Concelleiro abaixo firmante, Guillermo Leal Arias, portavoz-representante do GRUPO DE CONCELLEIROS NON ADSCRITOS NO CONCELLO DE VIVEIRO,

EXPÓN:

Que ao amparo do disposto no art. 35 da LEI DE PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO COMÚN; no art. 77 da LEI REGULADORA DE BASES DE RÉXIME LOCAL, LEI 7/1985 de 2 de abril; no texto refundido das disposicións legais vigentes en materia de réxime local aprobado por R.D. 781 7 86, de 18 de abril e dos atrs. 14, 15 e 16 do reglamento de organización, funcionamento e réxime xurídico da entidades locais, aprobado por R.D. 2568/86, de 28 de novembro e demais normativa legal procedente e que resulte aplicable, realiza as seguintes:
MOCION

SOBRE O MATADOIRO MUNICIPAL

Que dado o estado lamentable e falto de mantemento, en que se encontran estas instalación, totalmente deterioradas, e que incluso producen olores desagradables os veciños da zona e todos aqueles que transitan polas inmediacións.

Ademais , das condicións en que traballa o personal que alí fai a sua labor diaria.

Por todo o anteriormente exposto, o noso grupo municipal, SOLICITA, a aprobación por parte do Pleno Municipal do Concello, dos seguintes puntos:

1.- Convocar os usuarios e concesionario deste servicio, para ver as carencias que son necesarias levar a cabo nas citadas instalacións.

2.- Facer as xestións oportunas ante as distintas administracións para poder levar a cabo unha remodelación das instalacións e poñelas en condicións para o desenrolo da actividad

Exit mobile version