Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de A Pontenova queixase de que o goberno local non lle deixa usar o salón de actos da Casa da Cultura e permitiullo ao BNG

Nota de prensa

O Partido Popular de A Pontenova acusa ao goberno local de “persecución política” e discriminación.

O PP de A Pontenova quere recordarlle ao goberno municipal que xa desde o principio da presente lexislatura non lle permitiu utilizar o Salón de Actos da Casa de Cultura, segundo os seus propios argumentos, para “Actos políticos”. Por iso desde o PP de A Pontenova queremos preguntarlle ao Equipo de Goberno local si non considera un acto político o que fixo o BNG o pasado venres na Casa de Cultura e a eles si se lles autorizou o uso do salón de actos.

O PP de A Pontenova se pregunta, tamén, a que se debe esa dobre vara de medir, ao BNG si se lle autoriza e ao PP non.
E así mesmo queremos recordarlle ao Goberno local socialista que nosoutros somos representantes lexítimamente elexidos polos cidadáns e que temos o mesmo dereito a empregar as instalacións municipais cos demais.

Exit mobile version