Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela léase co ministro de Fomento polo uso de embarcacións de salvamento

Nota de prensa:
O PP considera un despilfarro que saisen ao mar tres embarcacions de salvamento marítimo durante a visita de Blanco.

“O ministro usou médios públicos para darse autobombo”. afirman.

O Partido Popular de Burela considera un derroche de cartos que tres embarcacions de salvamento marítimo saisen ao mar durante a visita do ministro de Fomento a Burela. Se xa de por si a presencia en Burela das tres embarcacions non ten nada de habitual, consideramos que facerlles sair aos tres barcos supon un custo importante que para nada ten que ver coa actividade propia dos barcos.

Se consideramos que as obras de Capitania son importantes para Burela, lembrando que foron xestionadas polo equipo de goberno do PP, tamen nos parece abusivo que esas tres embarcacions saian ao mar para “facerlle a ola” a Jose Blanco, que neste caso non tivo ningun recato en usar médios públicos para facerse publicidade, demostrando que para os socialistas os cartos de todos son para empregar con marcado signo partidista e electoralista.

Exit mobile version