Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que espera que o ministro de Fomento diga os prazos de execución do corredor de Barreiros a San Cibrao

Nota de prensa

Jose Blanco mantén paralizada esta infraestrutura, non resolveu aínda as alegacións rexistradas polos concellos, nin se decidiu o trazado definitivo do tramo estatal do corredor, todo iso mentres que o correspondente á Xunta está xa en obras

OS POPULARES ESPERAN QUE O MINISTRO DE FOMENTO APROVEITE A SÚA VISITA PARA COMPROMETER OS PRAZOS DE EXECUCIÓN DO TREITO ESTATAL DO CORREDOR

o “Os veciños da Mariña preferiríamos que Jose Blanco viñera a inaugurar a Transcantábrica na súa totalidade, pero os recortes de Fomento foron especialmente prexudicias na nosa comarca”

A Mariña, 3 de febreiro de 2011- Os populares esperan que o Ministro de Fomento aproveite a súa visita á nosa comarca para comprometer os prazos de execución do treito estatal do corredor. De xeito especial tendo en conta que no seu plan de visitas Jose Blanco ten previsto estar en Burela, un dos concellos afectados ao 100% pola paralización desta infraestrutura que debería conectar a vía de alta capacidade que nace en Ferrol coa autovía do Cantábrico.

Desde a formación política popular na Mariña lucense lembran que o departamento ministerial que dirixe o socialista Jose Blanco mantén “na parálise máis absoluta” esta infraestrutura, “non resolveu aínda as alegacións rexistradas polos concellos, nin se decidiu o trazado definitivo do tramo estatal do corredor, todo iso mentres que o correspondente á Xunta está xa en obras, en plena execución”.

A TRANSCANTÁBRICA COMPLETA

Os populares amosaron a súa satisfacción pola apertura de dous novos tramos da autovía do Cantábrico aínda que quixeron matizar esta cuestión recordando que “o que os veciños da Mariña preferirían é que Jose Blanco viñera a inaugurar a Transcantábrica na súa totalidade, pero os recortes de Fomento foron especialmente prexudiciais na nosa comarca”.

Exit mobile version