Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP preguntaran no Parlamento por accesos a A-8

Nota de prensa

Os deputados popualres alertan ante a perigosidade do enlace deseñado polo Ministerio, cuestiona os rodeos absurdos que obriga a efectuar aos usuarios da vía para acceder aos concellos limítrofes e sinalan as crecentes queixas dos veciños da comarca

O GRUPO POPULAR LEVA AO PARLAMENTO O POLÉMICO ENLACE DA AUTOVÍA DO CANTÁBRICO EN LOURENZÁ

* As presas de Fomento  por inaugurar os treitos incompretos da A-8 implican o corte non autorizado dunha estrada autonómica LU-153.

* Jose Blanco buscaba disimular “a topa presa” a parálise na que mantén esta autovía, que acumula atrasos importantes na súa posta en servizo total, e intentaba tamén evitar a prohibición electoral de facer inauguracións nos meses previos ás eleccións municipais.

Santaigo, 9 de febreiro de 2011.- O Grupo Parlamentario Popular, a través dos seus deputados Jose Manuel Balseiro Orol e Emma Álvarez Chao levaron ao Parlamento autonómico a polémica saída da autovía do Cantábrico en Lourenzá. Os populares a través dunha pregunta parlamentaria queren coñecer a posición e as xestións que ten previsto desenvolver a Xunta despois de saberse que Fomento decidiu unilateralmente executar este enlace vial mediatne o corte non autorizado e non consensuado dunha estrada autonómica, a Lu-153, que une Lourenzá e Masma (Mondoñedo).

Balseiro Orol e Álvarez Chao alertan ademais da perigosidade do enlace deseñado polo Ministerio –que incluso incorpora sinais de stop en medio dun carril de circulación dunha estrada en pleno cambio de resante-, cuestionan por inxustificados os rodeos absurdos –de ata 5 quilómetros en círculo- que se vén obrigados a efectuar aqueles que abandonan a autovía para acceder aos concellos limítrofes de Lorenzá, Mondoñedo, Alfoz e O Valadouro e sinalan as múltiples queixas que esta deficiente saída está a provocar entre veciños e respresentantes públicos da comarca.

Con todo os deputados populares salientan que os máis prexudicados son os veciños dos concellos de Alfoz e O Valadouro e os da parroquia de Masma en Mondoñedo para os que Fomento en vez de habilitar un enlace directo desde a autovía obrígaselles a empregar tanto para saír como para entrar á Transcantábrica o enlace vía Lonrenzá,  efectuando por elo un rodeo significativo e innecesario de varios quilómetros.

AS PRESAS DE FOMENTO

Na procura dunha explicación que xustifique a decisión de Fomento de habilitar esta saída defectuosa, os populares apuntan a dúas posibles causas, que en todo caso teñen un obxectivo común: O departamento ministerial que dirixe Jose Blanco tiña presa por inaugurar novos tramos e estaba disposto a facer calquera cousa para logralo, incluso habilitar este custosísimo enlace defectuoso.

DISIMULAR A PARÁLISE E ATRASOS QUE ACUMULA A A-8

Balseiro Orol e Álvarez Chao cren que Fomento pretendía disimular a parálise e os continuos incumprimentos nos que vén incorrindo en relación coa execución da autovía. De feito  sete anos despois de iniciadas as obras preto do 40% desta vía aínda está pendente de executar, entre eles, os treitos de maior complexidade técnica que se atopan na parálise absoluta e nos que durante meses nin tan sequera se efectuaron obras –salvo as obrigadas de mantemento-, nin había maquinaria por falta de recursos económicos. De feito os recortes de Fomento foron especialmente lesivos para a autovía do Cantábrico.

EVADIR A PROHIBICIÓN ELECTORAL

Os populares tamén consideran que a anticipación na celebración da inauguración deses dous novos tramos agocha unha manobra de Fomento para evadir a prohibición electoral de desenvolver este tipo de actos nos meses previos ás eleccións municipais. De ter esperado máis tempo Fomento non podería desenvolver toda a custosísima parafernalia mobilizada para a inauguración, un gasto excesivo e absolutamente precindible, para mellorar a imaxe do Ministro.

UN ENLACE PROVISIONAL QUE PODE ETERNIZARSE

Balseiro Orol e Álvarez Chao sinalan finalmente que o O gran problema é que estes enlaces acumulan múltiples deficiencias, e aínda que non son os definitivos probablemente serán empregados durante meses ou incluso anos tendo en conta o baixo ritmo de execución da obra e as restriccións orzamentarias de Fomento que para nada priorizan as obras en execución na Mariña lucense.

Exit mobile version