Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP “reitera a bondade” do edificio novo de Capitanía para Burela

Nota de prensa:
O PP afirma que “cáseque dous anos despois, seguimos sen saber por onde pasará o corredor Barreiros-San Cibrao”.

Os populares ven “ó alcalde burelés, máis que tranquilo, sumiso ante Blanco”.

Aseguran que a obra de Capitanía acumula un retraso de tres anos e medio.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela considera que a visita de Blanco tivo un marcado cariz electoral, porque as obras de Capitanía xa tiñan que estar rematadas, e porque, fundamentalmente, seguimos exactamente igual no que se refire ó paso por Burela do corredor Barreiros-San Cibrao.

Os populares aseguran que “cáseque dous anos despois, os cidadáns de Burela non sabemos por onde pasará o corredor, en que medida nos vai afectar, e nada sabemos das alegaciónse presentadas no seu momento”.

O GMPP considera que tales alegacións ainda deben estar sen resolver, porque ó concello nada chegou sobre as presentadas unanimemente pola corporación municipal, e o PP ainda non tén resposta sobre as presentadas no seu día polo propio grupo político.

Por eso, lamentan que o alcalde burelés, agora candidato socialista, “máis que tranquilo, esteña sumiso ante Blanco, como o están os demais socialistas: non se atreven a esixirlle a Blanco que se comprometa coa Mariña e con Burela dando prazos, os que sexan, pero dando prazos. E ademais non se atreven a decirlle a verdade á xente: non se atreven a decirlle á xente que é imposible facer unha obra con cen mil euros nos presupostos de Zapatero deste ano 2011, que non tén continuidade presupostaria e que polo tanto pasarán moitos anos antes de que esa obra, fundamental para unir Burela coa autovía do Cantábrico, poidamos vela arrancar”.

Sería bon, aseguran os populares, que o alcalde e o PSOE lle pedisen abertamente a Blanco e a Zapatero que faigan públicos os prazos do corredor, e que se diga xa, inmediatamente, por onde pasará, porque a cidadanía quere saber, e non hai peor goberno e non hai peores políticos ca aqueles que ocultan a verdade.

No que se refire ó novo edificio de Capitanía, os populares reiteran a súa bondade: non pode ser de outro xeito porque esa obra xestionouse durante a presencia do PP no goberno burelés, ainda que a algúns lles poida doer. Pero a obra leva cáseque tres anos e medio de retraso, porque cando en abril de 2007 se asinou o convenio entre Portos do Estado e Costas do Estado para a cesión da parcela, xa había un proxecto básico. Por eso que pouco ou nada lle temos que agradecer a Blanco, a non ser responsabilizado a el por non axilizar a obra, e ó alcalde por non ter dito nada en catro anos.

Exit mobile version