Site icon Crónica3.com A Mariña

O PSOE acusa a Xunta de malgastar os recursos dos galegos controlando obras que non son da súa competencia

Nota de prensa:
A Xunta elaborou un informe da autovía do Cantábrico, que depende de Fomento

OS SOCIALISTAS ACUSAN A FEIJOO DE MALGASTAR OS RECURSOS DOS GALEGOS PARA CONTROLAR AS OBRAS QUE NON SON DA SUA COMPETENCIA

– O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal preguntase “que respecto institucional se pode esperar dun Goberno, que en vez de colaborar coa Administración Central, ponse a fiscalizala”

– Envíolle unha mensaxe a Feijoo “déixese de malgastar os recursos públicos”, insistiu “e adicase a traballar por Galicia e para os galegos”

Santiago de Compostela, 4 de febreiro de 2011. O portavoz de Obras Públicas do Grupo Socialista, Pablo López Vidal anunciou hoxe que presentou un artigo 9, no que solicita a Xunta de Galicia a copia do informe sobre a situación da execución das obras por parte do Ministerio de Fomento na A-8.

O portavoz socialista denuncia que a Xunta de Galicia dedicase a malgastar os recursos dos galegos para controlar as obras que non son da súa competencia. O deputado fixo esta afirmación, tras coñecer polos medios de comunicación, que a Xunta elaborou un Informe sobre as previsións da autovía do Cantábrico.

O parlamentario preguntase “que respecto institucional se pode esperar dun Goberno, que en vez de colaborar coa Administración Central, ponse a fiscalizala”, espetou. E ao fío desto lembrou “os investimentos con cifras históricas en infraestructuras”, por parte do Ministerio de Fomento, na nosa Comunidade.

E envíolle unha mensaxe a Feijoo “déixese de malgastar os recursos públicos”, insistiu “ e adicase a traballar por Galicia e para os galegos”, resumiu.

Pregunta escrita

Anunciou tamén que rexistrou unha pregunta na que reclama explicacións sobre a realización deste estudio. Na iniciativa rexistrada, López Vidal quere coñecer;

1. Quen ordenou a realización este estudio?

2. Que procedemento de contratación foi seguido para adxudicar este contrato?

3. Que relación de empresas presentaron ofertas? Cal foi finalmente a adxudicataria?

4. En que norma se establece a facultade da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras para realizar estudios e informes sobre infraestructuras que non son da súa competencia?

5. Canto custou a realización deste estudio sobre unha estrada que xestiona o Ministerio de Fomento?

6. Ten solicitado nalgún momento a Xunta de Galicia esta mesma información a administración titular de infraestructuras, ao Ministerio de Fomento que está a executar as obras?

7. Considera normal o Goberno de Galicia, dentro do respecto e de colaboración institucional entre administracións públicas, malgastar o diñeiro dos galegos realizando estudios de control e vixilancia entre administracións?

Exit mobile version