Site icon Crónica3.com A Mariña

“Portos desautoriza os caprichos”, asegura o PSOE referíndose a que non construirá “unha goleta millonaria”

Nota de prensa

PORTOS DESAUTORIZA OS CAPRICHOS CAROS DE BALSEIRO E NON CONSTRUIRÁ A GOLETA
O GMS ESPERA QUE PORTOS SI ATENDA OUTRAS DEMANDAS DOS VECIÑOS DE CERVO E PEDIRÁ AXUDAS PARA OBRAS NO ENTORNO DO PORTO DE ARRIBA
CERVO, 05 DE FEBREIRO. Despois da desautorización en toda regra que o pasado venres fixo o presidente de Portos de Galicia ante a pretensión do deputado Balseiro Orol de construír unha goleta millonaria, o GMS pedirá compensacións de retorno ante a falida inversión.

Os socialistas de Cervo, pretendemos que o ente autonómico atenda as peticións mais prioritarias dos veciños e veciñas da zoa do porto de arriba en San Ciprián, coma o arranxo das rúas e a substitucións das conducións soterradas de saneamento e abastecemento, que están nun estado lamentable dende fai varios anos e que se traducen en reparacións continuas e molestias para os usuarios sen que o concello haxa feito nada nos últimos anos para solucionalo.

O GMS presentou unha emenda aos presupostos, onde pedía a renovación da rede de abastecemento nesta zoa, pero o PP votou en contra e negouse a negociar un cambio nas partidas orzamentarias para dar prioridade a esta infraestrutura tan necesaria.

Esperamos que o Presidente de Portos de Galicia sexa mais receptivo e sensible a estas reivindicacións e acometa de forma urxente as actuacións que levamos solicitando dende fai tempo e que non son caprichos millonarios senón necesidades diarias.

Exit mobile version