Site icon Crónica3.com A Mariña

PP de Burela achaca a “unha sentencia xudicial e cumplir co planeamento urbanístico” o novo proxecto acceso de ao porto de Burela

Nota de prensa

Barcia: “o conselleiro de Medio Ambiente ratifica o compromiso da Xunta de rematar o acceso ó porto”.

O candidato popular entrevistouse onte en Santiago con Agustín Hernández.

O novo proxecto, cun investimento de máis de oito millóns de euros, prevese que saia a exposición pública a finais do presente mes de febreiro.

José María González Barcia, candidato do PP ás eleccións municipais de maio, entrevistouse onte en Santiago co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández, xunto co parlamentario autonómico pola Mariña José Manuel Balseiro, para abordar varios temas de interese para o concello burelés, entre eles o acceso ó porto.

González Barcia manifestou que “o conselleiro de Medio Ambiente ratificou o compromiso da Xunta de rematar o acceso ó porto, porque existe o absoluto convencemento de que esta obra é estratéxica para o porto de Burela. Os prazos que se manexan pasan por publicar no Diario Oficial de Galicia a exposición pública do proxecto da obra a finais do presente mes de febreiro; un proxecto que prevé un investimento de máis de oito millóns de euros, cáseque o doble do importe da adxudicación feita pola Xunta bipartita. A partires de aí, hai que contar dous meses para a presentación de alegacións, e no suposto de que non se presentase ningunha, pode anunciarse a licitación da obra no mes de maio, para a súa posterior adxudicación”.

Barcia, que se mostrou satisfeito co contido e conclusións da reunión mantida co conselleiro, indicou que “esta é a verdade, que é o que queren coñecer os veciños e veciñas de Burela”

O tamén portavoz do GMPP burelés manifestou que “o novo proxecto foi elaborado porque hai que cumplir cunha sentencia xudicial e cumplir co planeamento urbanístico vixente; só queda seguir os pasos que marca a lexislación en vigor, e eso é o que está a facer a Xunta de Galicia”.

Para González Barcia, “a Xunta de Feijoo non é responsable da paralización que esta obra, que todos recoñecemos como fundamental para Burela, sufriu desde 2005 a 2007 por parte da Xunta bipartita. Serva como anécdota que os primeiros trámites para a licitación da obra comenzaron sendo director xeral de estradas o actual conselleiro e sendo conselleiro de obras públicas o actual presidente da Xunta. Ademais, a Xunta que preside Núñez Feijoo non é responsable de que a xunta bipartita non soubese ou non quixese solventar os problemas existentes desde o comenzo da obra en setembro de 2007. Eso sí, a Xunta está actuando con responsabilidade para cumplir a lei con absoluta escrupulosidade. Quen é capaz de pedir que a obra siga adiante sin máis, ademais de facer demagoxia, tamén pode ser capaz de cometer ilegalidades nos ámbitos de actuación que son da súa competencia, e eso é máis ca preocupante”.

Exit mobile version