Site icon Crónica3.com A Mariña

Segundo o PP o goberno de Burela está nervioso

Nota de prensa:
O PP: “hai persoas no PSOE e no BNG algo nerviosas”.

“Quen deixou ás asociacións sen subvencións, non é quen para falar de irresponsabilidade”.

Os populares afirman que PSOE e BNG están facendo de oposición da oposición e non están gobernando.

O Grupo Municipal do Partido PopularMPP) de Burela considera que dentro do PSOE e do BNG “hai moito nerviosismo, en certos casos porque ainda non teñen candidato, xusto os que falaban dos candidatos dos demais. Ademais, tanto socialistas coma nacionalistas están agora máis preocupados de ser oposición da oposición ca de gobernar: por algo será”.

Os populares aseguran que a eles non lles preocupa se alguén anda ou non de bares, se se deitan tarde ou non, nin en que compañías poden andar. E tamén afirman que non se arrepinten das súas aficións. Dá a impresión que outros, como non teñen argumentos, se refiren a cuestións personais para facer política. Pois ben, os que deixaron ás asociacións sen subvencións; os que ainda non asinaron os convenios cos clubes deportivos para a temporada 2010-2011; os que deixaron ós colexios sen cartos para actividades; os que primeiro concederon as axudas dos corenta euros, logo tardaron nove meses en pagalas e agora as retiraron; os que gastan máis de cen millóns de pesetas en gastos diversos en 2009; os que fan calendarios que costan tres mil euros; os que permitiron que a cabalgata deste ano fora como foi; os que retiraron as aportacións do concello para Expomar, etc., eses non poden darnos, nin ó PP nin a ninguén, leccións de nada, e menos de responsabilidade política, porque non teñen categoría para tal cousa.

O que se lle pide a PSOE e BNG é que deixen de tentar ser goberno pola mañán e de facer oposiciòn pola tarde, e que se adiquen a facer algo por Burela hasta as eleccións, que hai moito que facer, se é que saben e poden, porque levan xa meses en estado de nerviosismo, sen facer nada polos cidadáns, e limitándose a criticar todo o que fai e di o PP. Algún só sae na prensa para anunciar carteles ou para darlle caña ó PP, pero nunca para anunciar algo positivo para Burela feito desde o concello.

Exit mobile version