Site icon Crónica3.com A Mariña

Un Burela FS pouco madrugador non puido desartellar o parapeto de ElPozo Ciudad de Murcia (5-4)

Nota de prensa

UN BURELA POUCO MADRUGADOR SUCUMBE AO PARAPETO LEVANTINO (5-4)

Un Burela FS pouco madrugador non puido desartellar o parapeto de ElPozo Ciudad de Murcia (5-4). Cunha reacción tardía, os laranxas non puideron sobrepoñerse tras o ecuador dunha primeira parte imprecisa en ataque e feble en defensa.

Axiña se torceron as cousas para os pupilos de Suso Rey, con dous tantos en contra xa aos catro minutos da bucina inaugural. Contra vento e marea loitaron os laranxas para non deixarse engulir polo electrónico; así Esteller puido mitigar as distancias no minuto 10, pero este non era o día do Burela FS, que pagou os seus erros con tres dianas máis baixo os paus de Edu, no último cuarto do primeiro período.

Co reinicio, viuse na pista un novo Burela FS, máis esperto e fresco. Os laranxas saíron para darlle volta ao marcador e comezaron ben; no minuto 26 Víctor Cachón subiu o 5-2 e no 35 Christian 0 5-3. Coa axuda de Purao como porteiro-xogador, chegou o 5-4, novamente de Cachón. No entanto, o bo xogo destes vinte minutos non foi suficiente para borrar a vantaxe coa que chegaron os locais ao descanso.

A derrota en Murcia conduce os burelistas á oitava praza, empatados co Arcebansa Zamora, que perdeu co Barcelona B (2-4). A quinta e sexta praza están a un punto, ostentadas polo BP Andorra, que vén de empatarlle ao Colegios Arenas Gáldar (3-3), a e ElPozo, respectivamente.

FICHA ElPozo-Burela FS

Partido perteneciente a la 26ª jornada de la temporada 2010/2011.
El Pozo Ciudad de Murcia
12 Victorias | 5 Empates | 7 Derrotas
Puntos acumulados: 41 5
CD Burela FS
10 Victorias | 10 Empates | 5 Derrotas
Puntos acumulados: 40 4
Cancha de juego: Palacio dos Deportes de Murcia
Fecha: Sábado, 19 de Febrero de 2011
Hora de inicio: 17.00 horas
El Pozo Ciudad de Murcia
1
Francisco José Albadalejo
Paco Pepe
3
Jesús Izquierdo Carrete
Jesús
6
Panu Matias Autio
Panu
8
Enrique Cánovas Ambit
Enrique
10
Alejandro Yepes Balsalobre
Álex
5
Juan Gaspar Hernández Pérez
Juampi
11
Manuel Suazos Martínez
Lolo
14
Simón Guerrero Cánovas
Simón
15
Antonio López Meseguer
Chivi
17
José Madrigal Aguado
Madrigal

CD Burela FS
1
Eduardo Saavedra Cebreiro
Edu
5
Anderson de Almeida Gomes
Purao
7
Carlos Henrique Ribeiro
Ique
11
Christian Palmeiro Chao
Christian
27
Antonio Minuesa Durán
Minu
3
André Luiz Nogueira Fernandes
André
6
Víctor Cachón Suazo
Víctor
20
Cleber Rafael Barbosa
Clebinho
21
Adriá Esteller Cortina
Adriá Esteller

Amarillas:

| Christian

| Simón

| Juampi

| Jesús

| Minu

| Clebinho

Gol 1 – 0 Min. 4 | Álex

Gol 2 – 0 Min. 4 | Lolo

Gol 2 – 1 Min. 10 | Adriá Esteller

Gol 3 – 1 Min. 14 | Álex

Gol 4 – 1 Min. 15 | Juampi

Gol 5 – 1 Min. 20 | Álex

Gol 5 – 2 Min. 26 | Víctor

Gol 5 – 3 Min. 35 | Christian

Gol 5 – 4 Min. 37 | Víctor

Exit mobile version