Site icon Crónica3.com A Mariña

Un grupo escolar francés sumouse a celebración do Día de Rosalía no Museo do Mar en San Cibrao

Nota de prensa

Intenso e internacional Día de Rosalía nos Museos da Rede Museística

Entre os grupos que hoxe se sumaron a celebración do Día de Rosalía un grupo de intercambio francés tamén  traballou sobre Rosalía no Museo do Mar e recibiu material para levar ao seu centro.O Museo Rosalía de Castro e a Rede Museística de Lugo, presentamos no día de hoxe unha proxección sobre a experiencia pedagóxica “Follas Novas, Novas Follas” gañadora do último certame da Fundación Rosalía de Castro e repartimos material didáctico da proposta aos grupos escolares que durante o día se acheguen aos Museos da Rede (San Paio, Museo do Mar e Pazo de Tor) e ao Museo da Fundación Rosalía de Castro en Padrón. Hoxe numerosos grupos de toda a provincia sumaronse a celebración da Xornada Rosaliana.
Lembrar que temos unha web sobre o proxecto gañador realizado polo  Museo do Mar, Pazo de Tor e Museo San Paio de Narla :http://www.wix.com/redemuseistica/follas-novas
Una actividade didáctica con 729 siareiros en facebook :http://www.facebook.com/pages/Follas-Novas-Novas-Follas/105736126124842
É unha actividade didáctica e un programa de educación en valores globais a traverso de Rosalía.

Traballamos en distintos espazos (na escola, no museo, na natureza, na rede) e con distintos compañeiros de viaxe (con profesores e compañeiros de escola, coa familia, cos amigos, con rapaces doutros museos).

Como o facemos? leendo a Rosalía, informándonos, recitando, debatindo, interpretando, escribindo, debuxando, coloreando, creando e instalando a creación, e finalmente difundindoa.

Exit mobile version