Site icon Crónica3.com A Mariña

Unha expedición de Burela viaxará a Concarneau na Bretaña francesa

Nota de prensa

UNHA EXPEDICIÓN DE BURELA VIAXARÁ Á LOCALIDADE FRANCESA DE CONCARNEAU A PRINCIPIOS DO VINDEIRO MES DE MARZO.

Burela, 10 de febreiro de 2011. Unha expedición de Burela viaxará á localidade francesa de Concarneau a principios do vindeiro mes de marzo, segundo ven de anunciar o alcalde.

Alfredo Llano sinalou que “unha representación amplia de Burela viaxará a Concarneau, na Bretaña francesa. Este concello quere irmanarse con nós, eles estiveron aquí o ano pasado e agora o que faremos é devolverlles a visita, irá unha representación do Concello, ademáis as entidades deportivas, culturais ou musicais que queiran acompañarnos poderán facelo”. O rexedor dixo que “o máis probable é que fagamos esa viaxe en marzo, coincidindo co antroido e co festivo que hai nesas datas para estar alí dous ou tres días. Faremos un balance do que máis nos pode interesar aos dous concellos, alí tamén teñen porto de mar e hai unha serie de cuestións culturais e sociais, que poidan permitir un achegamento entre as dúas vilas”.

Ao alcalde de Burela parécelle “algo atrevido falar dun irmanamento, penso que sí chegaremos a algún tipo de relación cultural, musical, deportiva ou de intercambio en materia de ensino. Viaxaremos 15 ou 20 persoas de Burela a Concarneau e pasaremos alí dous ou tres días no mes de marzo”.

Exit mobile version