Site icon Crónica3.com A Mariña

Xa estamos outra vez coa política

XA ESTAMOS OUTRA VEZ COA POLÍTICA
Cando faltan catro días e medio para que o contrato en precario dos concelleiros e alcaldes de A MARIÑA fique en bora, creo que o tema da política volve estar “de moda”. En realidade é unha moda como calquera outra, porque en cuestión de semanas pasaremos a falar doutras cousas.

Non vou dar nomes, nin números sobre partidos, posibles gañadores, posibles perdedores e demais, pero si puntualizar pequenas (ou grandes) cousas relacionadas co tema; todo baixo o meu humilde, e un dicir, punto de vista.

Por exemplo, fixástesvos que cando saen os resultados das eleccións todos os partidos e políticos están contentos e eufóricos? Non importa se o partido en cuestión perdeu centos ou miles de, porque eles séntense “satisfeitos” por mellorar noutro puntual aspecto (quizais en participación ou calquera outra nimiedade).

O mesmo efecto anterior sucede tamén cando un alcaldito ou partido político fican cedendo o poder, pois a maioría deles xamais din algo como “podería habelo feito mellor” ou arrepíntome de non facer…” en realidade, o que din todos é algo así: “síntome orgulloso do meu mandato”, “espero poder contribuír desde outra perspectiva” ou a miña favorita, “xa non necesitaba máis anos para lograr os meus obxectivos”. Ea, ea e ea o que pica e cabrea.

E é que cando falamos de política, xa sexa desde esquerdas, dereitas, nacionalistas, mais a esquerda ou mais a dereita, todos fican parecendo iguais. Os que non asumiron o poder din que o farán mellor, os que o asumen din que o están facendo mellor, os da oposición din que os demais o fan mal e, en definitiva, todos din ser mellores que os demais. Poida que moitos partidos ou políticos logren grandes resultados concretos nalgúns aspectos sociais ou económicos durante o seu mandato, pero o certo é que todos adóitanse parecer bastante. Á fin e ao cabo, un político local, gústenos ou non, só é un boneco, unha imaxe, un monicreque manexado por un sistema oculto que realmente controla os intereses sociais, políticos e económicos da zoa.

Un último cliché relacionado coa política, é unha suposta evidencia que moita xente non ten en consideración á hora de votar. Por exemplo, se eu nacín e medrei nun ambiente de esquerdas, é probable que vote a un partido de esquerdas. Noutras palabras, que polas casualidades que sexan, ficarei votando a un partido ou outro en base á miña ideoloxía. Pero esa evidencia, en realidade, é absurda. Eu comprendo que todos desexemos que certos partidos teñan poder e que outros deixen de telo en base aos nosos intereses para coa sociedade, pero esa idea pode distar moito da realidade dependendo da situación.

Todo pode ser importante e ata ser considerado unha crise, como quedar sen papel nun W.C público. Non entanto, hai cousas que, á marxe do momento vivido por cada un, son máis importantes que as outras.

Hoxe en día, por citar un exemplo evidente e fresquiño, temos o problema da crise económica (en realidade sempre hai crise económica, por se ninguén se fixou antes…) que azouta a tantísimos países sen descanso. Tendo isto en mente, é fácil pensar que un partido “verde e ecolóxico” ten poucos números e intencións para arranxar un problema económico, dado que a súa ideoloxía pretende cambiar problemas máis ben ecolóxicos. Tendo iso en conta, e dado que agora mesmo aprema moito máis liquidar o problema económico, debería ser prioritario votar a un partido con pretensións de mellorar e cambiar a economía antes que un que se centra en anular/favorecer os matrimonios homosexuais, debater sobre o uso do galego ou plantar máis árbores autóctonos nos montes. Eses asuntos, aínda que importantes, son máis triviais cando se pon os números vermellos das débedas sobre a mesa. Polo tanto, a xente debería votar en base á xestión antes que á ideoloxía, porque á min pódeme importar salvar o medio ambiente, pero se non temos diñeiro nin se queira para manter ao país á flote… como esperas lograr un estado de benestar para afrontar os problemas ecolóxicos?

É fácil dicilo, pero moito máis difícil é facelo. En realidade, é tan complexo que nin se queira temos ben claro cales son os verdadeiros candidatos para solucionar os problemas máis graves que temos agora, polo tanto só é un pequeno esbozo dunha idea irreal. Por que? porque a xente seguirá votando en base á súa educación, porque si, porque é superior ás súas forzas.

No meu caso particular, podo dicir que moitas as veces votei a partidos distintos (ata a data), aínda que tampouco teño claro que iso vaia cambiar nada, porque cando o futuro político pode cambiar en base a un atentado de tren ou á rabia pola mala xestión económica, facendo que gañe a oposición case de rebote, sabemos que algo non vai ben.

E non nos enganemos, os socialistas (se, ao final fiquei dicindo nomes ) gañaron fai anos grazas ao despotismo do señor do bigote e as cousas mal feitas no do Prestige, Irak e outras herbas como o do 11M, o mesmo que agora pode gañar o PP (xa o veremos) por culpa da crise económica que, gústenos ou non, non é culpa dos socialistas. E así imos, de extremo a extremo por pequenos designios do azar, porque deixamos que a rabia e os prexuízos designen aos políticos que nos gobernarán. E aquí está, o grave e profundo erro da democracia: as maiorías son as que deciden, e todos sabemos que por moito que millóns de persoas crean nunha bobada, esta non deixa de selo… ou como di a lenda nunha taza de cerámica da miña autoría: “COME HERBA, MILLÓNS DE VACAS NON PODEN EQUIVOCARSE”, pero a min gústame mais esta outra :

NoN por moito madrugar veras vacas en camisón

Otero Regal

Exit mobile version