Site icon Crónica3.com A Mariña

UNIFOZ presentouse diante dos veciños e veciñas de Marzán

Nota de prensa

NOTA DE PRENSA

UNIFOZ presentouse diante dos veciños e veciñas de Marzán, seguindo a axenda de traballo marcada, co obxectivo de que poidan coñecer as propostas desa outra forma de gobernar, particularizada tamén no barrio de Marzán.
Antes da xuntanza, UNIFOZ reuniuse coa AA.VV de Marzán para recoller as súas propostas e inquietudes.
No acto, no que participaron máis de 80 persoas, falaron MARÍA DOLORES LEGAZPI, MARÍA ANGELES VEIGA VARELA (candidata de UNIFOZ por Marzán) e JAIME CANCIO.
UNIFOZ aposta decididamente polas AA.VV, e para iso propón que o equipo de goberno se reúna con todas elas cada catro meses, coa finalidade de coordinar a acción de goberno e a planificación de investimentos consensuados cos representantes dos veciños e veciñas.
UNIFOZ aposta pola conservación dos barrios tradicionais,  con proxectos integrais que, mesmo sendo de execución plurianual, poidan planificarse cunha certa coherencia na execución e na xestión económica.
UNIFOZ cre necesario un plan de tráfico que regule e garanta a seguridade vial no barrio de Marzán.
UNIFOZ estará  :
Venres, día  11, ás 20:30 h en NOIS (C.Social)
Sábado, día 12, ás 19:00 h en San Acisclo (Escola)
Domingo, día 13, ás 12:30 h en San Martiño (C.Social)n

Exit mobile version