Site icon Crónica3.com A Mariña

A ACIA de Foz programou a “VIII Ruta de tapas” para finais de abril

Nota de prensa

FOZ ACOLLERÁ OS DÍAS 22 E 23 DE ABRIL A OITAVA RUTA DE TAPAS, QUE HOXE FOI PRESENTADA POLA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES, INDUSTRIAIS E AUTÓNOMOS. AS TAPAS CUSTARÁN UN EURO E SERVIRÁNSE DE UNHA A TRES DA TARDE E DE OITO A ONCE DA NOITE.

Foz, 31 de marzo de 2011. Foz acollerá os días 22 e 23 de abril a oitava ruta de tapas, que foi presentada hoxe pola Asociación de Comerciantes, Industriais e Autónomos da vila.

O presidente do colectivo, José Carlos Paleo, contou que “xa temos todo listo para a celebración da oitava ruta de tapas de Foz, que coincidirá coa semana santa, venres e sábado. Máis dunha veintena de locales hostaleiros ofrecerán eses días o mellor da súa cociña en miniatura, o prezo da tapa será de 1 euro e serviránse de unha a tres da tarde e de oito a once da noite”. Paleo engadiu que “o obxectivo é ofrecerlle unha alternativa aos nosos veciños, aos centos de persoas que se achegan a Foz a disfrutar das súas segundas residencias, aos que veñen aos actos da semana santa de San Martiño e ao vía crucis O Cravado, acto único da paixón que se desenvolve en toda Galicia. Queremos convidar ao resto dos veciños da comarca a que os días 22 e 23 de abril veñan a Foz a degustar as variadas tapas que lles ofrecerán os nosos bares, mesóns e restaurantes”.

Desde ACIA Foz engaden que “un xurado percorrerá todos os locais para elexir as mellores tapas e os clientes poderán votar polas súas preferidas vía sms. Veciños e visitantes atoparán toda a información nos locais participantes. Ao final haberá tres premios para as mellores tapas desta oitava ruta”.

O presidente, a vicepresidenta e a tesoureira foron os encargados de presentar esta nova edición da ruta de tapas de Foz.

Exit mobile version