Site icon Crónica3.com A Mariña

A A.VV. “O Castro” de Foz ponse á fronte da reivindicación da residencia de anciáns e centro de día

NOTA DE PRENSA.
A Asociación de Veciños “O Castro” de Foz ponse á fronte da reivindicación da residencia de anciáns e centro de día para a vila

Tal e como se viña anunciando nas pasadas semanas, a Asociación de Veciños “O Castro” vén de fixar como unha das súas principais liñas de traballo a reivindicación da creación e posta en marcha na nosa vila dunha residencia de anciáns e un centro de día, servicio imprescindible para a nosa vila toda vez que o asilo de anciáns actual non está en condicións de cubrir as necesidades que existen neste campo, a pesar dos grandes esforzos levados a cabo polos seus traballadores.

A fin de levar a cabo a nosa reivindicación utilizaranse todas as vías posibles ben sexa por medio de escritos, da prensa, de reunións con responsables ou de diversas actuacións sociais (recollidas de firmas, concentracións, manifestacións…) para chegar a toda canta administración, organismo, ente ou persoa, tanto públicos como privados, que poda estar implicada en tal proxecto.

Pero está claro que non é esta unha tarefa sinxela aparte de que se trata dun servicio que vai beneficiar a todos os cidadáns, polo que se quere contar co apoio e compromiso de todos aqueles colectivos que existen no noso concello (asociacións veciñais, culturais, deportivas ou sectoriais, partidos políticos, sindicatos…). A tal efecto, durante os vindeiros días, membros da Xunta Directiva de “O Castro” acudirán ós representantes de todos os colectivos para facerlles chegar a nosa petición de colaboración, ofrecendo a cambio o noso compromiso de manter informados de cantos pasos se dean ademais de estar abertos de todas as suxerencias ou propostas de traballos que nos queiran facer chegar para acadar o obxectivo común.

Finalmente, dicir que, se existise algún colectivo que por ser de recente creación e non constar nos listados oficiais cos que “O Castro” traballou e queira apoiar na nosa reivindicación, estamos á súa disposición tanto no correo electrónico avcastrodefoz@concellodefoz.es, no teléfono 618 95 65 26 ou persoalmente, dirixíndose a calquera membro da xunta directiva.

Exit mobile version