A asociación Pasiño a Pasiño de San Cibrao, enfocada ós máis pequenos comeza o ano 2011 despois de preparar un entroido moi entretido con merendola incluída para os máis pequenos. A directiva está traballando no programa 2011, e arranca cun cocido en Riocobo o domingo 27, e con unha sorpresa… Entre as novidades do 2011, vanse a dar clases de baile contemporáneo para nenos e para as mamás ou papás, podendo inscribirse no tfno. 625-562753 ou 982-594889., tamén teremos teatro infantil no mes de abril, obradoiros, etc, etc.