Site icon Crónica3.com A Mariña

CulturAberta – Primavera 2011 ofrece un concerto da banda de gaitas “DAMBARA” en Burela

A Delegación Municipal de Cultura, dentro da programación “ CulturAberta – Primavera 2011 “, presenta o concerto a cargo da Banda de Gaitas “ DAMBARA “ de Burela, que terá lugar no auditorio da Casa da Cultura este venres, 18 de marzo, ás 21:30 horas . A entrada será gratuíta. A Banda de Gaitas “ Dambara “ nace na vila mariñá no ano 2008, froito da profesionalización dunha agrupación musical preexistente, presentándose ao público nas Festas Patronais daquel ano.

Exit mobile version