Site icon Crónica3.com A Mariña

A CIG oferta cursos formativos homologados na aula de formación do sindicato en Ribadeo

Nota de prensa

No mes de Febreiro do presente foi inaugurada a aula de formación no local sindical que a CIG ten en Ribadeo, seguindo coa intencionalidade de achegar a formación á zona oriental da comarca temos previsto organizar para o mes de abril os seguintes cursos HOMOLOGADOS POLA CONSELLERIA DE TRABALLO E DE CARÁCTER GRATUÍTO.

FORMACIÓN INICIAL DA CONSTRUCIÓN, esta acción formativa ten unha duración de 13 horas e vai dirixida ós/ás traballadores/as DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN, a data de INICIO é o 1 de Abril en horario de 19:30 a 23:30 e REMATA o sábado dia 2 de Abril.

OPERADOR/A DE PALA ESCAVADORA, este curso ten unha duración de 45 horas e vai DIRIXIDO ÓS /ÁS TRABALLADORES/AS DO SECTOR DA CONSTRUCIÓN, a data de INICIO será o 8 de Abril e o REMATE o dia 17 de Abril.

Estes cursos van dirixidos a traballadores/as DO SECTOR DA CONSTRUCCIÓN pero tamén hai prazas reservadas para aqueles/as que se atopen en situación de desemprego.

O prazo de matricula está aberto até o 23 de marzo.

CURSO BÁSICO DE PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS de 50 horas de duración, este curso será impartido polo Gabinete de Saúde Laboral da CIG e está homologado pola Conselleria de Traballo o INICIO está previsto para o 18 de abril, nel poden participar tanto traballadores/as en activo coma en situación de desemprego.

Todas aquelas persoas interesadas en participar nestas accións formativas pódense anotar a través da nosa páxina web www.forga.org, ou ben achegándose polos locais da Cig -Forga da comarca (Viveiro, Burela e Ribadeo) ou no teléfono 982581861 en horario DE 8:30 A 14:30 E DE 18:00 A 20:00

Exit mobile version