Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión de urbanismo de Ribadeo segue adaptando ao PXOM á Leis do Solo de Galicia

Nota de prensa:
NA COMISIÓN INFORMATIVA DE URBANISMO, REUNIDA HOXE, SEGUÍUSE AVANZANDO NA ADAPTACIÓN DO PXOM Á MODIFICACIÓN DA LEI DO SOLO DE GALICIA.

Ribadeo, 1 de marzo de 2011. Hoxe tivo lugar unha nova xuntanza da comisión informativa de urbanismo “para seguir avanzando no PXOM e na súa adaptación ás novas disposicións da modificación da lei do solo de Galicia, efectuada hai uns meses pola Xunta”.

Segundo explican desde o equipo de goberno “é requisito que o documento estea adaptado a esa modificación da lei e estamos continuando no labor que acordamos todos hai máis dun mes noutra xuntanza destas características”. E engaden que “tamén demos conta hoxe do encontro que mantiveron hai uns días o alcalde, Fernando Suárez, e os técnicos de Eptisa con responsables da Dirección Xeral de Patrimonio, e no que lles plantexamos o traballo feito desde Ribadeo para conseguir o informe favorable ao PXOM. De momento seguemos agardando por ese pronunciamento da Xunta”.

Nunhas semanas, seguen a relatar, “haberá un novo encontro, será cando Eptisa vaia adaptando os acordos adoptados hoxe e seguirá avanzando na revisión doutras zonas. Reunirémonos todas as veces que sexa necesario para conseguir que o PXOM de Ribadeo se aprobe por unanimidade”.

Unha vez que rematou a comisión informativa de urbanismo o alcalde, Fernando Suárez, acompañou ao conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, na visita que éste cursou ao instituto Dionisio Gamallo Fierros.

Exit mobile version