Site icon Crónica3.com A Mariña

A comisión que organiza o “Festival do Ourizo” trae a orquestra Philadelphia e sortea 6 mil euros

NOTA DE PRENSA

A cita está organizada pola Comisión de Festas do Carme e Maruxaina

SAN CIPRIÁN ACOLLERÁ O SÁBADO 26 DE MARZO O FESTIVAL DO OURIZO NO QUE ACTUARÁ A ORQUESTRA PHILADELPHIA E SORTEARÁNSE 6.000 EUROS

* O sorteo terá lugar a partir das 23 horas entre as rifas distribuídas gratuítamente por mercar nos establecementos comerciais e hostaleiros adheridos á promoción en distintos concellos da Mariña

Cervo 23 de marzo 2011.- No día de hoxe tivo lugar a presentación da programación oficial do FESTIVAL DO OURIZO unha actividade organizada pola Comisión de Festas de San Ciprián e na que está prevista ademais da actuación da orquestra Philadelphia o sorteo de 6.000 euros. A cita que comezará a partir das 23 horas deste sábado 26 de marzo, faise coincidir coa festa gastronómica de exaltación do ourizo que ese mesmo día ten lugar en San Ciprián.

O Festival do Ourizo celebrarase nunca gran carpa que estará instalada na zona de aparcamento da Casa do Mar de San Ciprián. Alí tamén terá lugar o sorteo dos 6.000 euros, distribuídos en dous premios independentes de 4.000 e 2.000 euros cada un. Para participar tan só é necesario dispoñer das rifas distribuídas gratuitamente en diversos establecementos comerciais e hostaleiros da Mariña, adheridos á devandita promoción, e que repartían entre os seus clientes de xeito gratuíto con calquera compra.

A organización agradece a colaboración dos concellos de Cervo, Vicedo e Barreiros e das ACIAS de Mondoñedo, Xove, Foz e A Pontenova e San Ciprián, esta última adheríuse ao festival achegando tamén, para sortealo, un terceiro premio dunha semana gratis no Balneario Oca de Pantón.

Exit mobile version