Site icon Crónica3.com A Mariña

A delegación de Medio Ambiented de Burela conmemora o Día da Árbore

Nota de prensa
A DELEGACIÓN DE MEDIO AMBIENTE ORGANIZA VARIAS ACTIVIDADES PARA CONMEMORAR O DÍA DA ÁRBORE, QUE SE CELEBRA O VINDEIRO 21 DE MARZO. OS RAPACES DOS CENTROS DE ENSINO PARTICIPAN NO XOGO DE PISTAS ¿QUÉ ÁRBORE É?.

Burela, 15 de marzo de 2011. A Delegación de Medio Ambiente organiza varias actividades para conmemorar o día da árbore, que se celebra o vindeiro 21 de marzo.

Segundo explican desde este departamento do Concello “éste e o segundo ano consecutivo que se organiza un xogo de pistas denominado ¿Qúe árbore é?. As monitoras do Centro de educación Medioambiental Gaia presentaron o xogo nos dous centros de ensino de Burela, clase por clase, explicando aos alumnos as bases para concursar. Neste xogo de pistas participan os alumnos de 2º ata 6º. As monitoras colocaron uns taboleiros á entrada de cada centro donde cada día durante 6 xornadas colocan unha pista con algunha característica da árbore para que os rapaces e rapazas adiviñen de que árbore se trata. Cada clase emitirá un solo voto que se meterá nunha urna”.

Desde a Delegación de Medio Ambiente de Burela engaden que “os alumnos que resulten gañadores de cada colexio acompañados da edil de Medio Ambiente, Lucia Bouza, e das monitoras do Centro de Educacion Medioambiental Gaia plantarán unha árbore o 21 de marzo (luns) no seu propio centro. Será elexida polo profesorado e entregada pola Delegación de Medio Ambiente”.

As monitoras de Gaia, a través desta actividade, sensibilizan aos alumnos “da importancia e conservación dos nosos bosques, non só unha vez o ano, senón todos e cada un dos días deberíamos respectala natureza que nos rodea”, din.

Exit mobile version