Site icon Crónica3.com A Mariña

A edil de Benestar de Cervo di que lle oíu dicir a conselleira que a residencia de San Cibrao será pública

Nota de prensa

O que lle molesta aos nacionalistas é que o Partido Popular faga realidade unha infraestrutura de benestar e atención as persoas maiores que socialistas e nacionalistas lles negaron aos veciños durante os catro años de Goberno autonómico bipartito.

ARMADA AFIRMA QUE ESTÚA CLAREXARÍA TODAS AS SÚAS DÚBIDAS SOBRE A RESIDENCIA DE SAN CIPRIÁN SE CUMPRIRA COA SÚA OBRIGA COMO REPRESENTANTE PÚBLICO E ESTIVERA PRESENTE O PASADO 4 DE FEBREIRO NO ACTO OFICIAL DE INICIO DAS OBRAS DESTA INFRAESTRUTURA ASISTENCIAL

* Para a edil de Benestar, as declaracións do político nacionalista so perseguen confundir á xente e espallar “dúbidas malintencionadas” entre a cidadanía.

* As criticas do único representante nacionalista na corporación sobre a residencia-centro de día non son máis que o reflexo da súa propia frustración como político.

Cervo, 30 de abril de 2010.- A concelleira de Asuntos Sociais do Concello de Cervo, Pilar Armada, referiuse ás dúbidas sementadas polo voceiro nacionalista na corporación local, Xoán Antón Estúa, sobre a posibilidade de que a Residencia – Centro de Día que se está a construír na vila de San Ciprián non fose a ser de titularidade pública.

Para Armada, as declaracións do político nacionalista so perseguen confundir á xente e espallar “dúbidas malintencionadas” entre a cidadanía. “O que lle ocorre ó señor Estúa é que adoece de información veraz porque só se fía do que lle din os seus acólitos. Se realmente lle importara algo este concello e o futuro desta nova residencia puido ter asistido o pasado 4 de febreiro ó acto oficial de inicio das obras como representante público deste concello e membro desta corporación, pero non o fixo e decidiu quedarse no seu despacho do BNG de Foz antes que asistir a un acto institucional do seu municipio. Se fora a ese acto podería ter escoitado de boca da propia conselleira Beatriz Mato que esta infraestrutura asistencial será a primeira residencia pública da Mariña Occidental, tal e como sí escoitaron as máis de 200 persoas que estiveron alí presentes” recalcou Armada.

En opinión da responsable local de Benestar, as criticas do único representante nacionalista na corporación sobre a residencia-centro de día non son máis que o reflexo da súa propia frustración como político. “Non podemos esquecer que durante os catro anos que estivo o BNG ó fronte da Consellería de Benestar non só non fixeron nada por este concello, se non que aínda por riba estiveron constantemente ameazando ó Goberno local con non outorgar ningún tipo de subvencións se o Concello non se adhería a un sinfín de consorcios creados por eles para ter o control absoluto. Agora, dous anos despois de chegar o PP novamente á Xunta, debe ser frustrante ver como se está a levantar unha residencia sen pedir nada a cambio e sen dobres discursos como facían eles” subliñou Armada en alusión ó BNG.

Boletín

Por último, Armada se referiu ás criticas de Estúa sobre a distribución dun boletín informativo entre os cidadáns do municipio. A edil de Benestar rexeitou as afirmacións nacionalistas de utilización partidista desta pequena publicación e recordoulle ó voceiro do BNG en Cervo que o contido da mesma é puramente informativo. “Os textos concernentes á residencia e centro ocupacional para persoas discapacitadas con enfermedade mental foi supervisado pola propia Asociación de Axuda ó Enfermo Mental A Mariña e nel aparece como teléfono de referencia o desta asociación” recalcou Armada. Sobre as criticas de que no boletín so aparecen fotos de membros do PP Armada recordoulle a Estúa que as fotos ás que fai mención son do acto de inicio das obras da residencia-centro de día de San Ciprián “ó que el, como dixen antes, non asistiu e, polo tanto, dificilmente podería ter saído na foto”.

Exit mobile version