Site icon Crónica3.com A Mariña

A librería Bahía de Foz sacará os libros a pasear á rua o sábado “Dia do libro infantil e xuvenil”

Nota de prensa

actividade infantil en librería Bahía de Foz

Este domingo, día 2 de abril celébrase o DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL.
Esta data foi elexida por ser o aniversario do nacemento de un dos maiores clásicos da literatura infantil: Hans Christian Andersen.

En Librería Bahía de Foz, celebrarémolo con unha actividade para os nenos e nenas entorno a un libro que lles vai apaixoar: O GRAN LIBRO DO MEDO DOS RATOS PEQUENOS, da editorial PATAS DE PEIXE. Descubriremos xuntos cáles son
os medos do rato e de paso daremos un repaso aos nosos medos…
Será o sábado día 2 ás 12h. da mañá.

Ademáis sacaremos os libros a pasear á rua e teremos durante todo o día un desconto do 5% na literatura infantil e xuvenil.

Convidamos a tódolos nenos e nenas, a pasar un bon rato con nos, este sábado ás 12h., e a disfrutar da lectura que é unha das actividades máis divertidas nas que se poden embarcar.

Exit mobile version